Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá comezan as actividades do Torneo de Santa Rita 2012


# Luns, 14/05/2012
Este ano haberá competicións de pesca, tute, xadrez, fútbol sala e parchís

Os traballadores do Concello de Lugo conmemorarán este ano a festividade de Santa, que se celebra o día 22 de maio, con diversos xogos e actividades deportivas.

O torneo Santa Rita 2012 inclúe este ano competicións de pesca, tute, xadrez, fútbol sala e parchís.

A primeira das actividades está programada para mañá, martes, día 15. Trátase do torneo de tute, que se xogará a partir das 16.30 horas na terceira planta do Centro cívico Uxío Novoneyra.

Un día despois, o mércores, 16, terá lugar o torneo de xadrez, a partir das 17.00, na primeira planta do edificio administrativo do Seminario.

O sábado, día 19 de maio, desenvolverase a competición de pesca. Será a partir das 9.00 horas no río Miño, no couto de Ombreiro.

E para o luns, día 21 de maio, están programadas o resto das actividades. Ás 17.00 horas terá lugar a competición de parchís, na terceira planta do Uxío Novoneyra, e no polideportivo de Frigsa disputarase, ás 18.30 horas, un partido de fútbol sala entre membros da Corporación Municipal e Funcionarios. 
 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova