Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Bailes tradicionais para celebrar o Día das Letras Galegas


# Luns, 14/05/2012
As actividades de final de curso de patinaxe e xadrez desenvolverase na Praza Maior o 2 e 3 de xuño

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, anunciou que, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2012, terá lugar o Festival de Danzas e Gaitas o próximo xoves 17 de maio, a cargo do alumnado participante nestas actividades extraescolares durante o presente curso escolar.

Esta actividade será a partir das 12:45 horas, na que preto de 260 nenos e nenas xuntaranse na Praza de Santa María para realizar un paseo cos traxes tradicionais ata a Praza Maior, onde darán unha volta á praza para, posteriormente, bailar varias pezas das que traballaron ao longo do curso.

Tamén, con motivo do final de curso, 330 alumnos e alumnas de patinaxe celebrarán unha demostración o vindeiro sábado 2 de xuño, dende as 11:30 ata as 14 horas nas inmediacións do Concello na Praza Maior, para participar nun total de 5 "estacións" pensadas para facer diferentes xogos e actividades de patinaxe. Así, haberá 2 xogos cooperativos, 1ginkana, 1 xogo de habilidade e 1 xogo de hockey dentro dun campo con elementos inchables, delimitado para o xogo. Os nenos e nenas, de Educación Primaria, unha vez que pasen por tódalas estacións, iniciarán un percorrido en patíns por varias rúas da cidade, dentro do casco histórico, que terá lugar dende as 13:40 ata as 14 horas, que coincidirá coa fin da actividade.

En canto ao torneo de xadrez celebrarase o domingo 3 de xuño pola tarde, de 16 a 19:30 horas na Praza Maior, coincidindo coa festa final de xadrez e entrega de premios do Circuíto "Camiño do Scacorum". Neste torneo haberá 5 categorías: menores de 8 anos, menores de 10 anos, menores de 12 anos, menores de 14 anos, menores de 18 anos e familiares dos participantes (acompañantes). Agárdase unha participación de 120 rapaces aproximadamente.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova