Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco asina o convenio para a 13ª fase de Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico


# Luns, 14/05/2012
Este acordo estará vixente ata outubro de 2016 e contará cunha inversión total de 2.429.300 euros

O Concello de Lugo aportará 349.350 euros para a rehabilitación de edificios e vivendas e para o mantemento da Oficina de Rehabilitación


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou na sinatura do convenio coa Xuntas de Galicia e o Ministerio de Fomento relativou á área de rehabilitación integral do Casco Histórico de Lugo para o período 2011, dentro do Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, que se celebrou esta mañá en Santiago de Compostela.

A través deste convenio, acórdase o financiamento das obras da 13ª fase de rehabilitación dos edificios e vivendas, urbanización e demais aspectos específicos da Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de Lugo. Esta fase afectará a un total de 2.268 vivendas, das que no período de 2011, actuouse en 85 vivendas, executándose obras de recuperación de elementos comúns dos edificios, así como outras de adecuación de habitabilidade das vivendas. O custe total do convenio é de 2.429.300 euros, que se dividen en 1.700.000 euros para obras de recuperación de elementos comúns dos edificios e de adecuación de habitabilidade, 561.000 euros para actuacións en infraestruturas e urbanización, 168.300 euros para o financiamento dos gastos que xere o equipo técnico.

López Orozco destacou que ”desta maneira continuamos co traballo que dende o Concello se leva facendo durante moitos anos, o que demostra que ese diñeiro está ben aproveitado xa que grazas a el foi cambiando o Centro Histórico paso a paso”.

Na inversión prevista para a anualidade de 2012, tanto o Concello de Lugo como o Ministerio de Fomento farán unha achega de 42.075 euros cada un, pola contra, a achega do Instituto Galego de Vivenda e Solo é de cero euros. No ano 2013, prevese unha inversión de 424.150 euros, no 2014 un investimento de 510.000 euros, ao ano seguinte acordouse a cantidade de 850.000 euros, e no 2016, 561.000 euros. O período de actuacións previstas establécese ata o 30 de outubro de 2016.

En cifras totais, o Concello de Lugo, aporta 349.350 euros, o 14,38%, para o mantemento da oficina de rehabilitación municipal para a información e xestión das actuacións na Área de Rehabilitación Integral. Así, o Ministerio de Fomento aportará a cantidade de 813.450 euros para financiar as actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas, urbanización e financiamiento do custe dos equipos técnicos de información e xestión, o que corresponde co 33,48%.

A Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, comprometeuse a financiar por unha cuantía de 552.500 euros para a execución das actuacións, representando o 22,74% do presuposto total da convenio. O 29,39% do presuposto restante será aportado polos propios particulares para a execución de rehabilitación de vivendas, e que se estiman nun total de 714.000 euros.

Estes convenio ten como obxecto potenciar o uso residencial, asegurando a diversidade social e o realoxamento, no seu caso, da poboación residente, sempre axustándose á normativa do planeamento urbanístico vixente. Ademais aproveitarase para a eliminación de barreiras arquitectónicas promocionando a accesibilidade, así como á mellora da eficiencia enerxética dos edificios.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova