Cargando....
Concello de Lugo
06/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Inaugurase a obra da Rúa Monte Pico Sacro no barrio das Gándaras


# Martes, 15/05/2012
A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, inaugurou xunto coa veciñanza esta nova infraestrutura

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Desde o departamento que dirixe a nacionalista insístese en dar prioridade aos esforzos orzamentarios en mellorar a calidade de vida dos veciños dos barrios do extrarradio da cidade

O Concello de Lugo investiu 174.000 euros na renovación e mellora da rúa Monte Pico Sacro, no barrio das Gándaras. As obras consistiron na renovación das redes de abastecemento e saneamento en toda a rúa, a execución dunha nova instalación de alumeado público, así como a renovación de pavimentos de calzada e beirarrúa en todo o ámbito de actuación.

A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira visitou, durante o desenvolvemento da obra, acompañada de técnicos municipais, esta obra, para resolver sobre o terreo, xunto cos veciños, algúns dos detalles desta actuación.

A concelleira nacionalista defendeu este xeito de facer as obras, “falando cos veciños” e indicou que “a área de Infraestruturas seguirá apostando, na medida das posibilidades económicas, por actuacións nos barrios do extrarradio, como esta nas Gándaras, por tratarse das zonas da cidade que presentan máis deficiencias”. “Un dos obxectivos da Axenda 21 local é, dende logo, incidir naquelas zonas nas que se ten invertido menos no pasado, coa participación activa dos veciños”, aclarou a concelleira.

A rúa Monte Pico Sacro presentaba un evidente deterioro e deficiencias importantes en canto a servizos e seguridade vial. Agora a rúa preséntase con beirarrúas a ambos lados, un carril de circulación en sentido único e aparcamento en liña nunha das marxes da rúa. Esta obra adxudicouse á empresa Asogal por un importe de 174.795,76 € (IVE incluído), e cumpriu os prazos marcados de antemán.

Outras actuacións en marcha

Continúan tamén en marcha neste momento obras que se agarda rematen tamén en breve espazo de tempo, concretamente na rúa da Industria, o principal vial de comunicación do Polígono Industrial do Ceao, e na rúa Otero Pedrayo.

Os cidadáns e os automobilistas teñen puntual información sobre o estado das obras na cidade e os desvíos e cortes de tráfico previstos na web www.lugo.es: coñeza as obras en marcha.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova