Imprimir

ESTE SÁBADO DISPÚTASE O XXII TORNEO DE NATACIÓN CIDADE DE LUGO


16/5/2012 A competición, que reunirá a preto de 300 nenos e nenas, nas instalacións do Club Fluvial de Lugo

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o representante do Club Fluvial de Lugo, José María Iglesias, e o Director Técnico da sección de Natación do Club Fluvial de Lugo, Jaime Rego, presentaron esta mañá o XXII Trofeo de Natación Cidade de Lugo, que se desenvolverá o vindeiro sábado, día 19 de maio.

Díaz Grandío destacou a alta participación que acada ano tras ano este Torneo, e destacou que “isto aporta á cidade novas persoas que descobren Lugo por primeira vez”, aínda que tamén, sinalou, “que esta competición pretende ser un espazo de diversión para os máis pequenos”.

Segundo anunciou o responsable da sección de Natación do Club Fluvial de Lugo, Jaime Rego, haberá tres categorías: benxamín, alevín e infantil, nas modalidades masculina e feminina. Nas categorías de benxamín e alevín, as probas serán de 50 metros nos estilos mariposa, espalda, braza e libres. Polo que respecta á categoría infantil, serán de 100 metros tamén nos estilos mariposa, espalda, braza e libres.

A competición finalizará cunha proba de relevos 6x50 metros libres, na que cada equipo participará cun nadador de cada unha das categorías.

Agárdase a participación de preto de 300 nenos e nenas, todos eles menores de 14 anos, e un total de 8 equipos inscritos, incluídos de Asturias e Portugal. O torneo desenvolverase en sesións de mañá e tarde. As probas darán comezo ás 11.00 horas pola mañá e ás 16.30 horas pola tarde. Entregaranse medalla aos tres primeiros clasificados en cada unha das probas e trofeos aos clubs en función da clasificación xeral por puntos.