Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa a promoción turística de Lugo cunha nova campaña de cara a ponte das Letras Galegas


# Mércores, 16/05/2012
Crece o número de turistas españois e europeos que visitan Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A oferta cultural é o atractivo turístico que a Área de Cultura e Turismo quere potenciar

Programase unha nova edición das visitas guiadas “Lugo a pé”

O calendario cultural de Lugo no mes de maio está a ser intenso, e quedan por diante tres das citas máis importantes como son a celebración do Día das Letras Galegas, a Feira do Libro e o Festival de Música Cidade de Lugo – XL Semana do Corpus, ademais, dunha completa axenda de eventos no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Neste sentido, o responsable da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, explicou que esta oferta cultural é un dos eixes nos que se estrutura a promoción turística de Lugo que dende principios da primavera se está a levar a cabo baixo a denominación xenérica de “En primavera, ponte en Lugo”.

Precisamente, esta mañá presentou unha nova fase da campaña de cara a ponte festiva das Letras Galegas e que se centra nas actividades do programa “A Festa das Letras” e as visitas guiadas “Lugo a pé”, que segundo sinalou Bao, “dado o éxito das convocatorias anteriores, continúamos potenciando os itinerarios culturais pola cidade que organizamos en colaboración das guías oficiais de turismo de Lugo”. Esta nova edición das visitas guiadas mantén a incorporación dos Museos Municipais no itinerario e os turistas que se inscriban visitarán o Centro de Interpretación da Muralla, a Casa dos Mosaicos e a Sala de Exposicións Porta Miñá. Realizarase unha ruta diaria do 17 ao 20 de maio con saídas ás 12:00 horas dende a Praza do Campo. Os interesados poden apuntarse na Oficina Municipal de Turismo e o custe por persoa é de 3 euros.

O edil salientou que “estas visitas están deseñadas polas guías profesionais e permiten coñecer os monumentos culturais, arqueolóxicos e históricos máis importantes da cidade, coa súa historia e anécdotas e queremos convertelas nun activo turístico permanente”.

Dende o inicio da primavera a Área de Turismo do Concello de Lugo está a desenvolver a campaña de promoción turística da cidade baixo o lema “En primavera, ponte en Lugo”, do que o edil presentou nova edición do dossier informativo titulado “Nas Letras Galegas, Ponte en Lugo” no que se incorporaron as novas propostas culturais desta ponte.

Precisamente, este programa continúa co seu obxectivo inicial de poder ofrecer un programa turístico total de Lugo e de integrar todas as iniciativas que se desenvolven na cidade e na súa contorna. Deste xeito, pódense vender nas distintas canles baixo o concepto de paquetes turísticos estacionais e que sitúan a Lugo no mercado turístico como destino de referencia durante todo o ano.

Ademais, o programa continúa coas ofertas que ofrece a empresa de internet sientegalicia.com que propón seis escapadas a Lugo con prezos que oscilan dende os 19 euros aos 84 euros e ofertan excursións, estancias en hoteis, rutas en segway ou visitas culturais.

Este produto de promoción turística está ser enviado a axencias de viaxe, medios especializados e oficinas de turismo. Ademais, continúa a difusión a través de internet, aproveitando as redes sociais.

Crece o número de turistas en Lugo

O Concelleiro aproveitou a presentación para facer un balance dos datos de visitantes da Oficina Municipal de Turismo durante a Ponte de Maio e ao longo desta primeira quincena de maio. Tomando de referencia as cifras dos rexistros do ano pasado fixo o seguinte balance:

Ponte de Maio

Total turistas 2012:.................. 551 Total turistas 2011:..................... 480

Procedencia 2012: Procedencia 2011:
- Galicia.................... 51 - Galicia...................... 274
- España................... 451 - España..................... 157
- Europa.................... 47 - Europa...................... 38
- América................... 2 - América.................... 5
- Outros ..................... 2

Idades 2012: Idades 2011:
- Maiores 65 anos.......... 238 – Maiores 65 anos....... 180
- Menores 65 anos......... 313 – Menores 65 anos..... 281


1ª Quincena de Maio

Total turistas 2012:.................. 1.438 Total turistas 2011:................ 1.333

Procedencia 2012: Procedencia 2011:
- Galicia.................... 474 - Galicia...................... 668
- España................... 618 - España..................... 517
- Europa.................... 267 - Europa...................... 111
- América................... 57 - América..................... 32
- Outros...................... 21 – Outros...................... 5

Idades 2012: Idades 2011:
- Maiores 65 anos........ 377 – Maiores 65 anos....... 546
- Menores 65 anos....... 1.061 – Menores 65 anos..... 787



O edil valorou positivamente estes datos, que amosan un crecemento sostido do número de visitantes que se achegan á cidade. Destacou o notable incremento da cifra de turistas procedentes do resto de España en comparación coa ponte do ano pasado, pois este ano ascenderon a 451 fronte os 157 do 2011. Este crecemento, que tamén se observa nos datos referidos á quincena, Bao o vinculou ao resultado da campaña de promoción turística que se está a levar a cabo dende inicios da primavera baixo o lema “En primavera, ponte en Lugo”.

Respecto aos visitantes de países europeos que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo nestes quince días, tamén se percibe un notable aumento con respecto ás mesmas datas do ano pasado, ao subir de 111 a 267 turistas.

Bao sinalou que “esta tendencia alcista do número de turistas amosa que Lugo consolídase como destino turístico e imos seguir traballando na liña de promocionar a cidade como destino cultural”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova