Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo asina un convenio coas panaderías para a realización das prácticas do curso de Panadería e Bollería


# Mércores, 16/05/2012
Carmen Basadre salientou que nestes tempos se debe apostar pola formación e buscar novos nichos de emprego para os máis novos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, asinou un convenio con sete panaderías da cidade para a realización das prácticas dos alumnos do curso de formación de panadería e bollería do curso de formación do +Xti. Os negocios que asinaron o convenio son as panaderías Raposo, Majufer, Montirón, Madrid en Lugo, Ingapán (a través dos establecementos Chousa e Don León), Illán e Migas. No acto tamén estivo a presidenta da Asociación de Panadeiros de Lugo, Guadalupe Gómez.

Carmen Basadre agradeceu a colaboración da Asociación de Panadeiros de Lugo para levar a cabo este curso, “que nos parece moi importante porque estamos falando de persoas xóvenes con necesidade de traballar e de formación”. Así, lembrou que “dende o Concello tratamos de buscar saída laborais e considero que este curso é un aproveitamento moi importante do diñeiro das subvencións do Plan Nacional Contra as Drogas”.

O curso deu comezo o 19 de marzo e ten previsto que remate o próximo 10 de xuño de 2012. A parte teórica de 120 horas estase a impartir no IES Sanxillao por profesionais especialistas nesta materia, en horario de 16.30 a 20.30. A programación do curso contempla a posibilidade de realización de prácticas en empresas, coa finalidade de que o alumnado poida aplicar os coñecementos adquiridos ó longo da acción formativa nun escenario o máis parecido posible ao da realidade empresarial.

As prácticas realizaranse nas instalacións das empresas e consistirán na aplicación e desenvolvemento práctico dos coñecementos adquiridos durante o curso. Ademais manterase o contacto durante a realización das prácticas co Concello para un adecuado desenvolvemento do convenio. As panaderías terán que emitir o día de remate das prácticas un informe de avaliación destas, no que se fará constar o número de horas de prácticas as que asistiu o alumnado, e a evolución do mesmo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova