Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo celebrou a "Festa das Letras" con cultura urbana, tradición e un cadáver exquisito


# Venres, 18/05/2012
A praza de Sta. María encheuse de grafitties, rap, regueifa, baile e música mentres centos de lucenses escribiron o “relato de Lugo”

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O espectáculo de danza contemporánea “Latexo” pechará mañá sábado o programa no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Para celebrar o Día das Letras galegas, a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organizou, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, un programa de actividades gratuítas e para todos os públicos baixo o nome de “Festa das Letras”. Tres días nos que se celebrou a festa grande da nosa literatura e a nosa fala a través dun programa no que se mesturaron elementos da cultura urbana, como o rap e os grafitties, con símbolos da cultura galega, como son os cantos e o baile tradicional. Na xornada de hoxe centos de lucenses achegáronse á praza de Sta. María para participar nos obradoiros de canto e baile tradicional, organizados pola Tradescola, e disfrutar coas evolucións dos graffiteiros coa música de fondo do rap e da regueifa.

O programa arrincou o día 17 con dous actos que xa marcan a tradición festiva do Día das Letras Galegas en Lugo: o concerto da Banda Municipal no templete da Praza Maior ás 12:00, adicado a Valentín Paz Andrade, e a exhibición de baile tradicional que organiza a Concellería de Educación. Os protagonistas, como todos os anos, foron os nenos e nenas dos colexios de Lugo. Tamén a do sábado vai ser unha xornada moi participativa, tanto para nenos como maiores, pois a Praza Maior acollerá a Festa dos Xogos Tradicionais de Xotramu. De 11:00 a 13:00 horas, esta asociación divulgará os xogos máis populares cos que xogaban os nosos antergos como: os bolos, as chapas, ou a billarda, entre outros moitos que conforman o noso patrimonio lúdico.

A compañía Proxecto Danza pecha o programa de actividades co seu espectáculo “Latexo”, no que tres experimentados bailaríns (Belén López, Ruth Pérez e Xabier Iglesias) afrontan unha complexa coreografía na que se mesturan bases da danza tradicional galega con ritmos contemporáneos como o hip hop, e elementos escenográficos de carácter vangardista como a arte urbana. A envoltura musical corre a cargo do gaiteiro lucense Bruno Villamor. A actuación terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Na xornada de hoxe venres destacou a redacción do primeiro cadáver exquisito, titulado “O relato de Lugo” e no que todos os lucenses e visitantes puideron participar neste exercicio de creación literaria colectivo no que cada quen escribiu unhas verbas, frases ou versos libremente. Pola tarde, a Praza de Santa María acolleu os obradoiros de canto tradicional u e de baile tradicional abertos a todo o público e que dirixiron monitores da Tradescola. Tamén houbo unha exhibición de grafitties con artistas lucenses que improvisarán obras inspiradas nas Letras Galegas. Pechou a xornada o concerto de Rap e Regueifa ofrecido pola Asociación Galega da Oralidade cos rapeiros Didaco, Pablo Uve e DJ Webo, que se mediron cos regueiferos Josiño de Teixeira e Bieito Lobariñas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova