Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival Style Fighters traerá a Lugo artistas do graffite de todo o mundo


# Luns, 21/05/2012
Na quinta edición deste festival tamén haberá música e actividades deportivas 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os Concelleiros de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe, xunto cos representantes de Concepto Circo Pablo Lage e Manuel Pallín, a 5ª edición do Festival Style Fighters que se celebrará os días 1 e 2 de xuño no parque de Frigsa.

Este ano, a oferta para a mocidade deste Festival, que xa é un referente en España, inclúe, ademais de graffiti e skate, actividades deportivas como Basket 3x3 e Dirt Jump e, tamén, haberá música.

Segundo os responsables de Concepto Circo, o Style Fighters de Lugo chega a súa quinta edición xa consolidado ata o punto de que ser un dos mellores encontros de graffiteiros da península, polo que se considera unha cita obrigada para todas as persoas ás que lles gusta o graffite e o skate.

O cartel deste ano reunirá en Lugo vinteoito artistas do graffite, entre eles algúns moi recoñecidos como Bates e Great, ambos de Dinamarca; Ogre, de Francia e Aspir, de México. Tamén estarán en Lugo outros coñecidos graffiteiros de Portugal e de distintos lugares de España.

Ademais están programados un campionado de skateboard e a principal novidade desta edición será a celebración de competicións dde 3x3 Streetbasket e Dirt Jump.

O programa compñetase coa actuación de grupos musicais e dj que actuarán nun autobús acondicionado como escenario.  


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova