Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os diplomas da primeira edición dos cursos de educación vial "Primavera Segura"


# Luns, 21/05/2012
Máis de oitenta nenos participantes nos cursos organizados polo Concello recibiron os seus diplomas no Parque Infantil de Tráfico 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, presidiu este luns o acto de entrega de diplomas ós nenos que participaron na primeira edición dos cursos de educación vial “Primavera Segura”, organizados polo Parque Infantil de Tráfico, que depende da Concellería de Educación.

O acto celebrouse esta tarde nas instalacións que ten o PIT no parque de Frigsa.

O Alcalde, que estivo acompañado no acto por varios membros da Corporación municipal e pola Subxefa provincial de Tráfico, Paula Yuberos, destacou a importancia que lle dá o Concello á educación vial, porque, dixo, que “axuda a facer mellores cidadáns”.

Tamén anunciou que o mes que vén sairá unha nova convocatoria para os cursos que organiza cada verán o Parque Infantil de Tráfico.

A primeira edición dos cursos “Primavera segura” desenvolveuse entre o 9 de abril e o 18 de maio. Neles participaron 85 nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, que recibiron clases de educación vial e aprenderon a circular en bicicletas e a conducir karts. 

Coñeza o Parque Infantil de Tráfico PIT.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova