Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e El Progreso convocan un concurso de ambientación romana e castrexa con motivo do Arde Lucus


# Martes, 22/05/2012
O Alcalde destaca a importancia da implicación social na organización da festa e salienta a repercusión que ten o Arde Lucus para a economía da cidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Presidenta de El Progreso anuncia que haberá premios nas modalidades de ornato de fachadas e balcóns, escaparates, locais de hostalería e colexios


O Alcalde, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, presentaron hoxe unha nova iniciativa que realzará este ano a celebración da festa do Arde Lucus.

Trátase dun concurso de ambientación romana e castrexa que convoca o diario El Progreso en colaboración co Concello de Lugo para animar a todos os lucenses e a colectivos como hostaleiros, comerciantes e centros escolares a engalanar a cidade con motivos romanos e castrexos co gallo da celebración do Arde Lucus.

O Alcalde agradeceu a implicación de El Progreso nesta iniciativa ”coa que se trata de animar ós lucenses a volcarse na festa engalando a cidade”. Tamén destacou o valor desta colaboración e dixo que “é o que queremos no Concello, que se involucre toda a sociedade no Arde Lucus, xa que o Concello quere seguir sento quen a lidere pero esta festa non sería nada se lucenses e institucións non se implican nela”.

López Orozco manifestou, ademais, que “nun momento coma este de problemas hai que darlle esperanza á cidadanía e esta festa, como sabedes, move moita xente e supón un retorno económico moi importante para sectores como a hostalería e o comercio e elo contribúe a tirar pola cidade”.

Pola súa parte, a Presidenta de El Progreso manifestou que “é unha satisfacción ir da man do Concello no impulso do Arde Lucus, que atrae tanta xente, e colaborar para que todo o mundo disfrute desta festa” e explicou que o propósito do concurso é lograr “que a nosa cidade estea o mellor ambientada posible durante eses días, tanto con motivos romanos como castrexos”.


Blanca García Montenegro tamén explicou que o concurso establece catro categorías que premiarán o ornato de fachadas e/ou balcóns, a ambientación de escaparates, de locais de hostalería e de centros docentes.

Para a categoría de fachadas e balcóns concederase un premio de 1.000 euros. No caso das categorías de escaparates e locais de hostalería concederanse cadanseu premio de 500 euros e na categoría especial de colexios haberá outro premio de 1.000 euros.

Para participar no concurso haberá que cubrir un cupón de inscrición que se publicará no diario El Progreso e deberá entregarse nas oficinas do propio xornal, na rúa Ribadeo, nº 5. O prazo de inscrición rematará o día 19 de xuño.

Un xurado, composto por representantes do Concello, de El Progreso e das asociacións do Arde Lucus, será o encargado de escoller as mellores ambientacións nas catro categorías.

www.ardelucus.com

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova