Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aproba a ocupación efectiva do novo Edificio da Policía Local e a imposición dunha multa por non cumprir unha orde de execución de obras de mantemento dun edificio


# Mércores, 23/05/2012
Paz Abraira pídelles aos lucenses a súa participación nas mesas temáticas da Axenda 21 para definir as políticas do Concello 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe a ocupación efectiva do novo Edificio da Policía Local e de Protección Civil e dalle á empresa un prazo de dez días para resolver pequenos detalles pendentes como a limpeza dalgunhas das instalacións.

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, que informou xunto coa Concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, dos acordos tomados pola Xunta de Goberno Local explicou que, en breve, se efectuará a mudanza da Policía Local á súa nova sede. Sinalou que xa foi contratada a empresa que fará esta mudanza e estase a traballar no plan para fracer o traslado de xeito que, aínda que todas as mudanzas supoñen un trastorno, plantexe as menores incomodidades para o persoal e asegurar que non se vexa afectado o servizo ós cidadáns.

O Concelleiro de Urbanismo tamén deu conta da imposición dunha segunda multa coercitiva por importe de 3.000 euros á propiedade do inmoble número 22 da rúa da Cruz por incumprir a orde de execución de obras para o mantemento do edificio. O acordo tamén inclúe un apercibimento ós propietarios no sentido de que, no caso de incumprimento, procederase á súa execución forzosa mediante novas multas reiterables mensualmente ata lograr a execución das obras.

Pola súa parte, a Concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, anunciou que se convocou a segunda rolda de mesas temáticas da Axenda 21 local. Con esta segunda convocatoria, referida ao desenvolvemento da Axenda 21L do Concello de Lugo, séguense os pasos fixados previamente. Paz Abraira convidou “a que todos os lucenses participen nestas mesas por que é precisa a participación é precisa sobre todo neste momento de crise económica”. Para Abraira “é fundamental que as políticas a levar a cabo dende o concello teñen que estar en sintonía coas necesidades da cidadanía e por este é precisa a participación da xente”.

Todas as xuntanzas se celebrarán ás 20:00 horas no Centro Social Maruxa Mallo, siutado no Carril das Hortas, s/n, e estarán abertas á incorporación de calquera entidade ou colectivo xa que se trata dun proceso aberto e dinámico de participación cidadá. Nas mesas temáticas analizarase cales son as prioridades en cada un dos aspectos tratados para levalas a debate no Foro da Sostibilidade que é o espazo central de participación a través do que se vehicula a elaboración da Axenda 21 Local. No programa de actuación da Axenda 21 Local de Lugo, propúñanse unha serie de actuacións concretas centradas nas oportunidades e valores sociais no noso concello. Segundo Paz Abraira “agora é o momento de avaliar o grao de cumprimento dese plano de acción para actualizalo e planificar as novas actuacións dos vindeiros anos”.

O obxectivo da Axenda 21 Local é lograr unha cidade máis habitable na que sexa máis cómodo vivir a través dun proceso de humanización das rúas, prazas e demais espazos do noso Concello. Este obxectivo vén enmarcado dentro do acordo de goberno que desenvolve un programa centrado na optimización dos recursos, no camiño de mellorar a prestación dos servizos e o recorte do gasto. Para acadar estes obxecivos estableceuse, ademáis do Foro da Sostibilidade que é o espazo central de participación, un total de 5 mesas temáticas que absorben a participación de diferentes institucións, entidades, colectivos e persoas individuais. Estas mesas temánticas son: Mesa de ordenación sostible do territorio;  Mesa de emprego e desenvolvemento económico; Mesa de medio ambiente; Mesa de participación cidadá e conciencia comunitaria e a Mesa de servizos sociais e sanitarios.

Participación na web
Unha das ferramentas fundamentais para a participación cidadá é a renovada páxina web da Axenda 21L do Concello de Lugo (http://www.lugo.es/ws/axenda21/index.jsp). A páxina está completamente actualizada e nela recóllense temas de actualidade, información específica, material de consulta, etc. Un dos apartados principais é o material de consulta one se pode consultar e descargar o Documento de priorización de actividades do programa Plano de Acción Axenda 21L. A través dese documento calquera persoa interesada, pode priorizar aquelas accións que considere de maior interese para que sexan tratadas nas mesas temáticas e no propio Foro da Axenda 21L. O documento pode devolverse cumprimentado ao enderezo axenda21arrobaconcellodelugo.org, ou ben entregando en man na Concellería de Infraestruturas e Axenda 21. Así mesmo, está en funcionamento, dentro da páxina web, un foro que é un punto de encontro, de posta en común e de aportacións entre todas aquelas persoas que se dean de alta no mesmo.

Datas das novas convocatorias das mesas temáticas: 

MESAS TEMÁTICAS AXENDA 21L

Lugar: Centro Social Maruxa Mallo

 

Data Hora
Mesa ordenación sostible do territorio 24/05/2012 20h. a 21:30h. 
Mesa de emprego e desenvolvemento económico 28/05/2012 20h. a 21:30h.
Mesa de medio ambiente  30/05/2012 20h. a 21:30h. 
Mesa participación cidadá e conciencia comunitaria 31/05/2012 20h. a 21:30h. 
Mesa servizos sociais e sanitarios 06/06/2012 20h. a 21:30h. 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova