A Xunta de Goberno Local acordou hoxe a ocupación efectiva do novo Edificio da Policía Local e de Protección Civil e dalle á empresa un prazo de dez días para resolver pequenos detalles pendentes como a limpeza dalgunhas das instalacións.
O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, que informou xunto coa Concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, dos acordos tomados pola Xunta de Goberno Local explicou que, en breve, se efectuará a mudanza da Policía Local á súa nova sede. Sinalou que xa foi contratada a empresa que fará esta mudanza e estase a traballar no plan para fracer o traslado de xeito que, aínda que todas as mudanzas supoñen un trastorno, plantexe as menores incomodidades para o persoal e asegurar que non se vexa afectado o servizo ós cidadáns.
Pola súa parte, a Concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, anunciou que se convocou a segunda rolda de mesas temáticas da Axenda 21 local. Con esta segunda convocatoria, referida ao desenvolvemento da Axenda 21L do Concello de Lugo, séguense os pasos fixados previamente. Paz Abraira convidou “a que todos os lucenses participen nestas mesas por que é precisa a participación é precisa sobre todo neste momento de crise económica”. Para Abraira “é fundamental que as políticas a levar a cabo dende o concello teñen que estar en sintonía coas necesidades da cidadanía e por este é precisa a participación da xente”.
O obxectivo da Axenda 21 Local é lograr unha cidade máis habitable na que sexa máis cómodo vivir a través dun proceso de humanización das rúas, prazas e demais espazos do noso Concello. Este obxectivo vén enmarcado dentro do acordo de goberno que desenvolve un programa centrado na optimización dos recursos, no camiño de mellorar a prestación dos servizos e o recorte do gasto. Para acadar estes obxecivos estableceuse, ademáis do Foro da Sostibilidade que é o espazo central de participación, un total de 5 mesas temáticas que absorben a participación de diferentes institucións, entidades, colectivos e persoas individuais. Estas mesas temánticas son: Mesa de ordenación sostible do territorio; Mesa de emprego e desenvolvemento económico; Mesa de medio ambiente; Mesa de participación cidadá e conciencia comunitaria e a Mesa de servizos sociais e sanitarios.
Datas das novas convocatorias das mesas temáticas:
Lugar: Centro Social Maruxa Mallo
|
Data | Hora | |
Mesa ordenación sostible do territorio | 24/05/2012 | 20h. a 21:30h. | |
Mesa de emprego e desenvolvemento económico | 28/05/2012 | 20h. a 21:30h. | |
Mesa de medio ambiente | 30/05/2012 | 20h. a 21:30h. | |
Mesa participación cidadá e conciencia comunitaria | 31/05/2012 | 20h. a 21:30h. | |
Mesa servizos sociais e sanitarios | 06/06/2012 | 20h. a 21:30h. |