Imprimir

O ALCALDE RECIBIU HOXE A UN GRUPO DE 18 ESTUDANTES FRANCESES QUE SE ATOPAN DE INTERCAMBIO CO COLEXIO GALÉN


24/5/2012

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe a un grupo de 18 escolares procedentes dun instituto de París que efectuaron unha visita á Casa do Concello, ós que lles explicou o funcionamento do Concello e interesouse pola súa vida académica no país galo. Con estes alumnos, que están de intercambio co centro educativo Galén, conversou en francés e animounos a aprender o español.

López Orozco explicoulles brevemente o funcionamento do Concello e da cidade de Lugo e lembrou que “hai poucos días celebramos o Día de Europa que pouco a pouco imos construíndo entre todos un espazo de paz e xustiza”. Neste sentido, tamén falou da importancia que estes intercambios de alumnos a nivel europeo teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respectarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas”.