Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo porá á venda vasos de cerámica, alfinetes para o cabelo e fíbulas elaborados especialmente para o Arde Lucus


# Xoves, 24/05/2012
Carmen Basadre presentou os produtos que estarán a venda nun posto os días da festa a prezos entre 3 e 20 euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou os produtos que se van poñer á venda por parte do Concello para o Arde Lucus 2012. Trátase dun vaso de cerámica, un alfinete de bronce para o cabelo e unha fíbula que terán un prezo de entre 3 a 20 euros respectivamente.

Carmen Basadre destacou que “esta é a primeira vez que se fai algo deste estilo polo que o número de pezas que se pediron foi de 150, aproximadamente, de fíbulas e alfinetes e de case 2.000 de vasos de cerámica polo que non queríamos mercar en exceso produtos que non se puidera vender”.

Os vasos de cerámica, tamén se poderán adquirir nos locais de hostalería, están elaborados polo artesán José Manuel Fernández, en terra sigillata, o máis parecido á cerámica romana de bastante calidade e de características especiais. A Concelleira de Xuventude tamén explicou que outro dos produtos é un alfinete para o pelo, unha das xoias máis empregadas polas mulleres romanas. Trátase dunha réplica similar ao acus crinalis que se atopa no museo Arqueolóxico de Ourense e está elaborada polo artesán lucense José Manuel Castro Neira. É un adorno persoal elaborado en bronce e coa cabeza balaustrada. O valor deste produto para a venda é de 10 euros.

Finalmente, tamén se vai poñer á venda fíbulas, de tipo anular en omega e elaboradas polo artesán Castro Neira, moi semellantes ás que se poden ver no Museo do Castro de Viladonga. Este adobío serve para suxeitar as capas, vestidos ou de adorno en algúns cintos. O prezo de venda será de 20 euros. Todas aquelas persoas que queiran mercar estes produtos poderán facelos os propios días da festa no posto que o Concello instalará para o mesmo e a través da páxina web do Arde Lucus.

www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova