Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao entregoulles aos centros de ensino de Lugo lapis de Vitaminas para o Galego para os estudantes


# Xoves, 24/05/2012
O Tenente-Alcalde aproveitou a xuntanza coas direccións dos centros para ver posibles vías de colaboración coa a área que dirixe no Concello

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Tenente de Alcalde e Responsable do Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, mantivo está mañá unha xuntanza con directores de todos os centros de ensino do concello de Lugo. Bao aproveitou o encontro para facer entrega do “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17”. “Vitaminas 17” é unha iniciativa de Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 29 medios de comunicación do país. Este colectivo prepara unha serie de accións co gallo do Días das Letras, entre as que se inclúe a lectura dun manifesto en 17 cidades de todo o país.

Ademais da entrega do lapis para os estudantes lucenses, Antón Bao ofertoulles, na xuntanza, a posibilidade de materializar diversas vías de colaboración entre a área Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e os centros educativos. Antón Bao agradeceulles aos directores e directoras dos centros o seu agradecemento, en nome do concello, por colaborar na difusión das actividades culturais que se están a organizar dende a área que dirixe o nacionalista. Outras das colaboracións, que de cara ao vindeiro curso se expuxeron, serían a participación en actividades organizadas polo concello como o Samaín, a participación en visitas e actividades que se programen no MIHL e a promoción cultural e do idioma.

Vitaminas 17 polo Día das Letras
Para conmemorar o Día das Letras, o 17 de maio, os medios de comunicación de Vitaminas, organizan unha actividade expansiva “facendo fincapé na necesidade de medios en galego para prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeracional”.
Na web vitaminasparaogalego.gl pódese consultar un manifesto redactado polos medios. O obxectivo é que o 16 de maio se lea o manifesto en, polo menos, 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 Casas dos Concellos, en 17 cidades de todo o mundo e que se traduza o manifesto ás 17 linguas máis faladas. Vitaminas xa traballa para que todas estas lecturas se graven en vídeo e se envíen ao enderezo manifestoarrobavitaminasparaogalego.gl




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova