Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Prolóngase ata o venres 1 de xuño o corte de tráfico en Otero Pedrayo


# Xoves, 24/05/2012
Tratase do tramo que vai desde intersección coa Rúa Rio Eo ata a intersección coa Rúa Rio Sil

O motivo é que coinciden estas obras coa concesión de licencia para canalizacións de electricidade dun edifico deste tramo.

As obras na Rúa Otero Pedrayo consisten na pavimentación e posta en marcha de servizo, no tramo que vai desde a intersección con Rio Eo ata a intersección con Rio Sil.

Por mor disto, o sentido de circulación de descenso que vai da intersección de Rio Eo con Rio Sil permaneceu cortado ata agora, permitíndose durante este período o ascenso. Dende o luns día 21 por mor do asfaltado do tramo en obras este tramo permanece cortado en ambos sentidos da circulación. Debido a que un edificio deste mesmo tramo pretende realizar a canalización da rede eléctrica prorrogarase ata o venres día 1 de xuño dito corte, coa finalidade de facer estas obras de forma conxunta evitando futuras molestias á veciñanza.

Ese día dar por rematada esta obra. Aos veciños pemitiráselles o paso de 19:30 a 9:00 horas para o acceso e saída dos garaxes. Así mesmo a empresa adxudicataria disporá da sinalización e persoal sinalista suficiente para que as molestias sexan as menos posibles.

A concelleira Paz Abraira recordou que a Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 mantén un banner onde se informa con antelación dos cambios nas obras que dependen da mesma no enderezo de internet htpp://www.lugo.es, como un canal máis de comunicación cos veciños e veciñas de Lugo.

Coñeza as obras en marcha.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova