Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pide á Xunta de Galicia que explique os plans que ten para o campus universitario de Lugo


# Venres, 25/05/2012
O Concelleiro explicou que se levará unha proposta ao próximo pleno porque “estamos orgullosos de ser unha cidade universitaria”

Imaxe Asociada

Francisco Fraga, Concelleiro de Servizos Xerais, anunciou que o equipo de goberno vai presentar unha proposta ao Pleno no que insta á Xunta de Galicia a informar das intencións reais que teñen sobre o campus universitario de Lugo, como se pode manter con só tres titulacións, que pensa facer co persoal e as infraestruturas e como substituirá o impulso económico que xera o campus na cidade.

O responsable da área de Servizos Xerais, manifestou que, despois das declaracións do Secretario Xeral de Universidades nas que aseguraba que o campus de Lugo bastaba con 3 titulacións, “estamos preocupados polo seu futuro xa que para a cidade é un importante foco económico, cultural e social e polas súas palabras entendo que se queren prescindir das 20 titulacións que se ofrecen”.

“Durante moitos anos traballouse para ter un campus totalmente estruturado e especializado no ámbito agroalimentario do que somos referencia a nivel español e europeo polo que agardamos que se rectifique esta información porque dende o Concello non se vai permitir ese desmantelamento” segundo o Concelleiro de Servizos Xerais. Tamén lembrou que Díez de Castro é un coñecedor tanto do campus, foi Decano da Facultade de Administración de Empresas, como da cidade, xa que foi concelleiro.

Francisco Fraga explicou que a postura que se debe adoptar é a de “incentivar, axudar, captar novos alumnos, e intentar difundir as titulacións do campus e dende o Concello terán toda a axuda posible para sumar e intentar facer a función dinamizadora que non fai a Xunta de Galicia”. Ademais de que “estamos cansos de que se recorte sempre do mesmo sector, a educación, e xa é horas de que comecemos a sumar e non a restar para manter un campus de referencia europea”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova