Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A edil de infraestruturas e axenda 21 afronta darlle solución á planta de enerxías renovábeis do Ceao


# Venres, 25/05/2012
Os servizos eléctricos do Concello traballan na análise do estado da planta para que antes de finais deste ano estea producindo enerxía

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O investimento que se fixo no seu momento ten que redundar no beneficio dos cidadáns de Lugo


A edil de Infraestruturas e Axenda 21 visitou hoxe a planta de enerxías alternativas do Ceao acompañada por técnicos dos Servizos Eléctricos do do Concello de Lugo. Na visita Paz Abraira explicou que, dende o departamento que dirixe, “estamos intentando buscarlle unha solución á área de enerxías alternativas”. Esta área leva máis de ano e media fora de funcionamento e tivo un custo de 756.000 euros e contou cunha subvención do Ministerio de Industria de 181.000 euros. Paz Abraira dixo que “temos moi claro que hai que poñer de novo en marcha esta área”. Neste momento non está a producir enerxía por unha serie de problemas nestas instalacións. A concelleira nacionalista explicou que houbo “deficiencias construtivas que non foron subsanadas por parte da empresa adxudicataria polo que a obra non foi aínda recibida polo Concello”.

Para a posta en marcha da instalación débense dar unha serie de pasos e Abraira indicou que “a día de hoxe estamos intentando resolver o expediente administrativo”. Dende o concello xa se lle ten solicitado oficialmente aos dous directores de obra que presenten informes para pechar o expediente. A edil de infraestruturas sinalou que “por outra vía estamos traballando na análise do estado de toda a planta tanto as paneis solares como do aeroxenerador para poñelos de novo en marcha e que volvan a subministrar enerxía eléctricas”. Neste senso Paz Abraira agradeceu “a implicación e o traballo dos servizos eléctricos municipais”.

A finalidade da área era que fose unha zona de demostración “non renunciamos en absoluto a que isto sexa así” “entendemos que unha vez posta marcha tanto as persoas interesadas como os centros educativos poderán visitar a área para coñecer o seu funcionamento”. Ademais de funcionar como centro experimental e de divulgación das enerxías alternativas, o Concello tentará sacarlle un rendemento económico tanto ás placas solares como ao aeroxenerador, para que produzan ingresos ao Concello, pero xa avanzou que “vai custar cartos volver a poñelo en funcionamento”. A decisión final que se tome en relación a estas instalacións vai depender deses custos.

A posta en marcha poderá ser ben por medios propios ou ben o concello poderá recorrer a empresas especializadas nos sector para a posta en marcha. “estamos estudando todas as alternativas” “o obxectivo é que esta área de enerxías alternativas volva a funcionar e que o investimento realizado no seu día teña un retorno para os veciños e veciñas de Lugo”. Para a posta en marcha da planta o concello terá que ter pechado o expediente administrativo relativo a obra efectuada coa empresa que executou as obras da planta. A área de infraestruturas do concello de Lugo está a contactar con diversas empresas especializadas en enerxías renovábeis para estudar cal é o xeito máis acaido para levar a cabo a posta en marcha desta planta.

Con todo, Paz Abraira reiterou que o obxectivo no que se traballa inclúe tres eixos fundamentais:

- valorizar as instalacións xa construídas mediante a súa posta en funcionamento.

- evitar deste xeito ter que devolver ao Ministerio a subvención de 181.000 euros concedida no seu momento.

- aproveitar as primas autorizadas ao Concello para a produción de enerxías limpas alternativas

A responsable de Infraestruturas e Axenda 21 indicou que a solución a estas instalacións será incluída dentro das actuacións enmarcadas dentro da Axenda 21 como medida de promoción das enerxías limpas e de concienciación social de uso responsable das fontes de enerxía.

www.lugo.es/ws/axenda21

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova