Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz visitou os alumnos e alumnas dos talleres sobre o uso da Internet segura


# Venres, 25/05/2012


Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, visitou aos alumnos que participan nos talleres sobre uso seguro da Internet e redes sociais que se están celebrando no IES San Xillao e organizados polo Concello de Lugo a través de Europe Direct-Lugo.

Estes obradoiros, un total de 23, véñense desenvolvendo dende o mes de abril nos diferentes institutos da cidade co fin de promover un uso máis seguro e responsable da tecnoloxía por parte dos mozos e mozas. Desta maneira, preténdese dar resposta á inquietude manifestada por pais e educadores ante o uso que os máis novos fan da Internet e das aplicacións informáticas.

Esta actividade é unha ferramenta útil para a orientación dos adolescentes no uso educativo, seguro e divertido da Internet, ao mesmo tempo que se lles ensina cales poden ser os seus riscos e recoméndaselles unha serie de normas básicas no seu manexo.

www.lugo.es/europedirect

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova