Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo dispón de novos contedores soterrados no centro histórico


# Luns, 28/05/2012
A obra, financiada con cargo aos fondos europeos do Plan Urban, tivo unha inversión de case 172.000 euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, a deputada provincial de Deseño e Artesanía, Regina Polín e o representante da ONCE en Lugo, Roberto Doval, asistiron a unha demostración do funcionamento dos novos contedores soterrados que se instalaron no centro histórico.

Esta actuación con cargo ao Plan Urban, que financian a Unión Europea, o Concello e a Deputación Provincial, permitiu a instalación illas de colectores para o depósito de papel e cartón, vidro, envases e residuos orgánicos nas rúas de Xoan Montes, Nóreas e Tenente Coronel Teijeiro así como nas prazas do Ferrol e A Soidade. Os colectores, adxudicados á Plásticos Omnium Sistemas Urbanos, son accesibles e contan con información en braille, e nos que se inverteu 171.591 euros.

O Alcalde explicou este proxecto supón “unha modernización e unha aposta polo medio ambiente”. Ademais, fixo un chamamento ós veciños e comercios para que depositen o lixo nos colectores debidos e nas horas nas que está autorizado facelo, “xa que se trata dunha práctica de civismo que nos axuda a manter un casco histórico como se merecen os lucenses e os que nos visitan”.

O Concello de Lugo decidiu instalar cinco novas illas de colectores soterrados no Casco histórico da cidade co propósito de mellorar a recollida do lixo na zona monumental. Desta maneira, serán 9 os contedores soterrados no centro histórico xa que se suman aos da rúa María Balteira, San Marcos, Quiroga Ballesteros e Campo Castelo

López Orozco tamén lembrou que dende dende varios anos existe un acordo da Xunta de Goberno Local no que se explica que nas novas zonas urbanizadas da cidade se instalen directamente este tipo de contedor, como foi no caso da zona de Garabolos ou en San Fiz.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova