Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As Escolas Municipais de Patinaxe despiden o curso mañá cunha Xornada de portas abertas


# Martes, 29/05/2012


A Concellería de Deportes e o club Lostregos Lucus organizan unha Xornada de portas abertas que terá lugar mañá como despedida do curso das Escolas Municipais de Patinaxe.

A actividade, á que foron convidados tanto os pais e nais como os nenos e nenas, celebrarase no horario das Escolas, de 18.00 a 20.00 horas, na pista de patinaxe do primeiro bancal do Parque Rosalía de Castro. No caso de que o tempo non o permita, desenvolveríase no Pavillón Municipal da Piringalla “Daniel Cordido Castro”.

O obxectivo desta Xornada de portas abertas é dar a oportunidade de coñecer as nocións básicas da técnica da patinaxe ós asistentes. O club facilitará patíns e proteccións ós adultos que queiran participar na actividade, co fin de que pidan entrar na pista de patinaxe e gozar cos seus fillos e fillas dos xogos e actividades propostos polos monitores.

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova