Imprimir

O CONCELLO DE LUGO OFRECE ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS VISITAS GUIADAS AO CEMITERIO MUNICIPAL


31/5/2012

A Concellería de Servizos Xerais, informou que este domingo 3 de xuño, ás 12 horas vaise celebrar unha visita guiada a membros da asociación Agrupalugo ao cemiterio de San Froilán. Trátase da primeira das actuacións, enmarcada dentro do programa de actividades do cemiterio municipal, que se lles ofreceu ás diferentes federacións e asociacións de veciños para dar a coñecer os bens culturais do Concello. Neste sentido, todas aquelas asociacións que teñan interese poden poñerse en contacto coa Concellería de Servizos Xerais.

Coñeza o Cemiterio Municipal San Froilán.