Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe comezan dúas actividades organizadas con motivo do Arde Lucus


# Xoves, 31/05/2012
A exposición de traxes “XXV Lvcenses”, organizada polo Concello e Unha de Romanos coa colaboración da Deputación, recrea o vestiario dos primeiros habitantes de Lugo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A primeira das sete conferencias do ciclo Lvcvs Cvltvral tratou sobre “Os castros galegos no territorio”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre; e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participaron esta tarde na apertura de dúas actividades organizadas con motivo do Arde Lucus.

Trátase da mostra “XXV Lvcenses. Vestiario da primeira cidade” e o ciclo de conferencias Lucus Cultural.

Na inauguración da exposición “XXV Lvcenses. Vestiario da primeira cidade” tamén participaron María Lamela e María Teresa Latas, da empresa Unha de romanos, que organizou a mostra en colaboración co Concello e co apoio da Deputación.

A mostra de traxes recrea as distintas vestimentas que empregaban os primeiros habitantes de Lugo e forma parte das actividades organizadas con motivo do Arde Lucus.

En “XXV Lvcenses. Vestiario da primeira cidade” atopamos a veciños de Lucus Augusti e ós que aquí se achegaban desde o seu convento, sorprendidos durante a festa do solsticio de xuño. Van vestidos segundo os criterios castrexos ou ó xeito de Roma. Así, atoparemos ó escriba, o artesá, a tecedeira, o escravo, o liberto, a costureira, o edil, o senador conventual, o lexionario, o agricultor, a nai e o neno.

A exposición é unha homenaxe ó liño, á la, ó coiro, ós metais, e a todas as mulleres e ós homes que os traballaron e traballan, pero tamén a eses 25 lucenses que, seguramente, nalgún momento da súa vida, puideron coincidir no foro da cidade tal como aquí se poden observar.

A mostra está instalada na sala de exposicións da Deputación, no Pazo de San Marcos, e estará aberta ata o día 25 de xuño. O horario de visitas é de luns a venres de 10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Comeza o Lvcvs Cvltvral

Posteriormente celebrouse no salón de actos da Deputación a primeira do ciclo de conferencias Lvcvs Cvltvral, que organizan o Concello e a asociación Cohors III Lucensium.

A primeira das sete conferencias das que consta este ciclo pronunciouna o doutor en Prehistoria e Arqueoloxía Xulio Carballo, que falou sobre Os castros galegos no territorio.

A seguinte sesión do Lvcvs Cvltvral será o día 7 de xuño ás 20 horas impartida por Pepa Rey sobre Vida cotiá dos castrexos. O ciclo continuará o día 14 de xuño e estará a cargo de Isabel Rodá sobre Ludi Romani e o 18 de xuño ás 20:30 horas a Para que fundou Roma Lucus Augusti? de María Dolores Dopico Caínzos.

Outro dos temas dos que se tratarán nestes actos é o medio ambiente, unha cuestión que María Xosé Bravo Bosch, explicará baixo o título de O medio ambiente en Roma: regulación xurídica o día 19 de xuño, ás 20:30 horas.

Pecharán este ciclo, Pedro López Barja de Quiroga coa conferencia O círculo de poder: escravos na antiga Roma o día 20 de xuño e, Jean Pierre Adams, ofrecerá unha disertación sobre Aurelio, desde las murallas de la paz hasta las murallas del temor o día 21 de xuño ás 20 horas.

O lugar de celebración das conferencias do ciclo Lvcvs Cvltvral será o Salón de Actos da Deputación de Lugo.

www.ardelucus.com





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova