Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre inaugurou a exposición 10 anos do Arde Lucus


# Venres, 01/06/2012
A mostra, que recolle carteis e fotografías, poderase ver no Centro Comercial As Termas ata o 14 de xuño

Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Xerente Adxunto do Centro Comercial As Termas, Cristina Pérez, presentaron a exposición conmemorativa 10 anos de Arde Lucus, e que se poderá visitar ata o 14 de xuño.

Carmen Basadre destacou que “é moi importante lembrar como foron os inicios e como nestes 11 anos de Arde Lucus, foi cambiando e aumentando o número de visitantes”. Así, esta actividade está composta por todos os carteis do Arde Lucus, por fotos das diferentes edicións e dúas bigas, que son os carros dos cabalos empregados en época romana.

Ademais, nenos e adultos, poderán participar nos diferentes talleres que se desenvolverán os días 1, 2, 8 e 9 de xuño entre as 18 e as 20 horas e que versarán sobre peluquería e maquillaxe de época romana. Tamén os visitantes poderán gozar dunha exposición de vestimenta romana que se situará na zona do mosaico.

Para Cristina Pérez, Xerente Adxunto de As Termas, “o Arde Lucus é unha das celebracións máis importantes da cidade de Lugo ao longo do ano, polo que queremos colaborar en difundir a súa historia entre todos os nosos clientes, ademais de dar as maiores facilidades para que os lucenses poidan desfrutalo da mellor maneira posible”.

www.ardelucus.com

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova