Cargando....
Concello de Lugo
18/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao anuncia modificacións no feiral do San Froilán


# Venres, 01/06/2012
Desaparecerán as casetas de venda das rúas Pascual Veiga e Puro Cora
O concurso para a poxa polos postos das barracas farase en sobre pechado


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Tenente de Alcalde e Responsable do Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, anunciou as modificacións que se levarán a cabo no recinto feiral para este ano nas festas do San Froilán. Os cambios propostos serán trasladados á comisión de festas que se convocará a vindeira semana. O cambio fundamental consistirá na desaparición das casetas de venda das rúas Pascual Veiga e Puro Cora. Estas rúas quedarán abertas ao tráfico e recupéranse as prazas de aparcamento desta zona durante a celebración das festas. Nestas casetas, e no seu entorno, instalábanse postos de venda nos que “se viñan detectando prácticas irregulares” segundo Antón Bao.

A eliminación de esta zona de venda “persegue varios obxectivos”. Bao referiuse a estes obxectivos como unha mellora na preservación do Parque Rosalía de Castro, a rebaixa no grao de molestias aos veciños e unha mellora da imaxe da zona durante as festas. O Tenente de Alcalde incidiu en que “esta será unha mensaxe de que en Lugo non todo vale á hora de ocupar o espazo público”. Bao explicou que tamén se eliminarán determinados postos de venda que, ata o de agora, se viñan instalando na rotonda da praza de Avilés. Esta eliminación implicará unha mellora substancial na circulación na zona do recinto feiral.

Outras das renovacións do feiral consistirá, segundo Antón Bao, na instalación de casetas de venda na mediana da avenida de Rodríguez Mourelo para substituír as mesas de venda que cada feirante viña instalando ata este ano. Estas casetas son as que se viñan instalando, habitualmente, nas rúas Pascual Veiga e Puro Cora. Instalaranse un total de 42 casetas que suporán un total de 126 metros lineais de postos de venta. Todos os feirantes que se instalen en esta zona terán que facelo en algunha destas corenta e dúas casetas instaladas polo concello.

Bao anunciou que “haberá un estrito control da seguridade, da limpeza e do ruído”. De feito, nas bases para a adxudicación dos postos de este ano, farase unha modificación na tipoloxía de atraccións permitidas nos espazos que ocupaban tradicionalmente barracas que viñan excedendo os límites establecidos no control acústico.

Outra das novidades é que este ano os feirantes presentarán as súas ofertas en sobre pechado. Con esta modificación das bases, respecto ás de anos anteriores, “búscase garantir a absoluta transparencia no proceso de adxudicación dos postos” segundo o Tenente de Alcalde. Bao informou que as adxudicación terán vixencia ata o 2015 para evitar que o goberno resultante das vindeiras eleccións municipais teñan que afrontar un novo proceso de adxudicación nada máis asumir as funcións de goberno.

Agradecemento a Google
Antón Bao aproveitou a rolda de prensa para manifestar o seu agradecemento, en nome do Concello de Lugo, a Google por ter incluído a muralla de Lugo entre os monumentos máis significativos do mundo. Bao, como responsable de turismo do concello, dixo que “agardamos que o incremento de visitas ao noso monumento non sexa somentes virtual”.

www.sanfroilan.info

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova