Imprimir

O ALCALDE DE LUGO INAUGUROU AS XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE A NOVA POLÍTICA AGRARIA COMÚN ORGANIZADO POR UNIÓNS AGRARIAS


1/6/2012 López Orozco salientou a “importancia da produción agraria para manter a estabilidade social”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou na inauguración das Xornadas La Nueva PAC y la ganadería, organizadas polo sindicato Unións Agrarias. O acto, no que tamén participaron a Conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, o Secretario Xeral da UPA, Lorenzo Ramos, e a Deputada de de Medioambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, reuniu a un importante número de congresistas que coñecen de primeira man a situación na agricultura.

López Orozco, agradeceu que se escollese a cidade de Lugo para este fin e “que se organice un debate en torno a un tema tan importante e que afecta de primeira man a unha gran maioría dos lucenses.” Neste sentido tamén incidiu en que “non podemos esquecer a gran importancia da produción agrícola, que é a base da sociedade, e hai que facelo cunhas garantías de calidade e cantidade que só coa experiencia se pode obter.” Manifestou que para “saír da actual situación económica debemos traballar en común entre todas as administracións e os cidadáns por que é a mellor maneira de realizar cambios para mellorar.”

Esta xornada ten como fin dar a coñecer aos agricultores e gandeiros as condicións da nova política agraria común que estableceu a Unión Europea para os anos 2014-2020.