Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao anima aos lucenses a participar na elección do cartel anunciador do San Froilán


# Domingo, 03/06/2012
A votación será entre o luns 4 e o luns 18 de xuño a través da web www.sanfroilan.info
Agasallos para os participantes na votación


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Tenente de Alcalde e Responsable da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao dirixiuse aos lucenses para que “participen activamente escollendo o cartel definitivo das festas do San Froilán 2012”. Por primeira vez os lucenses terán a oportunidade para escoller de xeito colectivo o cartel anunciador das festas da súa cidade. Esta iniciativa contribuirá, segundo Antón Bao, a “incrementar a participación e implicación dos lucenses nas que sen son as mellores festas do outono galego”.

Os lucenses poderán votar para escoller o que será o cartel definitivo das festas do San Froilán entre os 4 carteis seleccionados polo xurado na pasada semana. Estes 4 carteis semifinalistas foron escollidos entre os 130 carteis que participaron inicialmente. Os carteis que estarán colgados na web www.sanfroilan.info serán “Tatoo”, “Traxes galegos”, “A ledicia do outono galego” e “A todo polbo lle chega o San Froilán”, tres dos cales están asinados por autores de Lugo e o cuarto ven de Pontevedra.

A partir do 4 de xuño activarase no sitio web www.sanfroilan.info o sistema de votación on-line, o público será o que escolla o cartaz anunciador do San Froilán 2012. Con esta medida, os lucenses e todos aqueles que aprecian o San Froilán poderán participar na elección do cartaz que promocionará as nosas festas. Deste xeito, cúmprese un dos obxectivos da concellería que dirixe Antón Bao e que é o de fomentar aínda máis a implicación dos lucenses na organización das súas festas patronais.

A resolución definitiva, tras o reconto de votos, farase pública o 20 de xuño de 2012 e o sistema de votación on-line estará aberto ata o 18 de xuño. Ademais de votar polo seu cartaz favorito, os participantes na votación entrarán nun sorteo de distintos premios que se celebrará o xoves 21 de xuño. A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua repartirá un total de 10 lotes de libros relacionados coa historia do San Froilán e coa cidade de Lugo. Todas as persoas que participen na votación deberán de deixar os seus datos persoais e entrarán no sorteo de agasallos. 

 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova