Imprimir

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSAS ESCOLARES PARA EDUCACIÓN INFANTIL NO PRÓXIMO CURSO


4/6/2012

Hoxe ábrese o prazo para solicitar as bolsas escolares de axuda para educación infantil, no curso 2012-2013. O importe total destinado a estas axudas ascende a 21.000 euros, concedéndose un vale desconto por axuda de 80 euros.

Estas axudas teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo para o segundo ciclo de infantil (3 a 5 anos) e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Rematando o prazo de solicitude o vindeiro 21 de xuño.

Pode descargar a solicitude dende a sección Tramita na túa casa