Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo anunciou que a Delegación do Goberno denegou o permiso para as 30 cámaras de videovixilancia do Ceao


# Luns, 04/06/2012
López Orozco expresou a súa “sorpresa” ante o feito xa que durante catro anos seguidos aprobaron o uso das cámaras

Durante esta mañá, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou que a Delegación do Goberno retirou este ano o permiso concedido durante catro anos para o mantemento das cámaras de videovixilancia do Ceao. Ante esta “inesperada situación” o rexedor “mostrou a súa preocupación pola situación de seguridade na que quedan os empresarios do polígono”.

López Orozco lembrou que no ano 2007 xurdiu unha preocupación en materia de seguridade por parte dos empresarios e “o equipo de goberno elaborou un proxecto de colocación de cámaras de videovixilancia en todo o polígono e que consta de 30 aparatos”. Así, cada ano, renovouse sen ningún problema “ata que este ano nos din que non, que a Comisión que regula estes permisos non o conceden porque consideran que non queda acreditada suficientemente que exista un problema de seguridade pública”. Precisamente, presentouse un informe no que se explicaba, aportando informacións dos medios de comunicación, “que aumentara o número de roubos de gasóleo e máis datos que falaban da necesidade de manter a videovixilancia” segundo recoñeceu o Alcalde.

“Pensamos que aquelas condicións que fixo que se aprobase un proxecto durante estes 4 anos, mantéñense polo que non podemos deixar ao polígono do Ceao sen a videovixilancia pertinente” manifestou o Alcalde que ademais informou que dende o Concello se vai presentar un recurso contencioso administrativo. Neste sentido, tamén explicou que xa falou co presidente da Asociación de Empresarios do Ceao e que “ao final da semana manterei unha reunión con el para informalo pormenorizadamente”.

O Alcalde de Lugo tamén fixo fincapé na labor preventiva que teñen este tipo de medidas de seguridade xa que “de non existir igual poderiamos ser testemuñas de máis roubos”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova