Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello sae en defensa do Campus Universitario de Lugo


# Luns, 04/06/2012
O Pleno reclama que se manteñan as titulacións universitarias

O Concello tomou hoxe un acordo plenario en defensa do Campus Universitario de Lugo. O Pleno aprobou por unanimidade dos grupos políticos, a proposta do PSOE e cunha engádega do BNG, instar á Xunta, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e á Universidade a comprometerse a manter e mellorar o actual nivel de titulacións existentes no Campus Universitario de Lugo, como garantía de que este continuará sendo base fundamental da estrutura socio-económica lucense.

A Corporación municipal tamén aprobou, neste caso co voto en contra do Partido Popular, unha proposición do BNG en defensa do ensino público galego.

Ademais, o Pleno deulle o visto e prace por unanimidade á solicitude de declaración de especial interese da construción dunha nave no Parque empresarial das Gándaras, o que lle permitirá á empresa solicitante beneficiarse da bonificación do 50% no Imposto de Construcións, Instalacións e Obras.

Tamén se aprobou por unanimidade a adhesión do Concello de Lugo á asociación Rede de Cidades Intelixentes, que ten o obxecto de promover a xestión automática e eficiente das infraestruturas e dos servizos urbanos, a redución do gasto público e a mellora da calidade dos servizos, conseguindo, deste xeito, atraer a actividade económica e xerar progreso.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova