Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Fraga participa na presentación da X Feira do Aceite e da Cereixa en Ribas de Sil


# Martes, 05/06/2012
O acto tivo lugar na Praza de Abastos de Lugo e nel se deu a coñecer que o pregoeiro de dita festa será o Alcalde, José López Orozco

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e o Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, presentaron esta mañá a décima edición da Festa do Aceite e da Cereixa de San Clodio, que se celebrará a vindeira fin de semana no Concello de Ribas de Sil.

O responsable da área de Servizos Xerais deu conta “da importancia que ten distribuír e dar a coñecer os excelentes produtos dos que dispoñemos en toda a provincia en un sitio de reunión como é a Praza de Abastos á que se achegan persoas de moitos municipios a vender e a mercar os produtos do campo”.

Este ano a colleita é abundante e de alta calidade, polo que se agarda que se superen os preto de 13.000 euros de volume de negocio acadados en anos anteriores só coa venda de cereixa e aceite, cultivos ós que o municipio de Ribas de Sil adica preto de 500 hectáreas, o que supón máis do 80% da súa superficie forestal en uso no municipio.

O Alcalde de Ribas de Sil informou que se van a iniciar os trámites para acadar a declaración de Interese Turístico de Galicia, que suporá un novo recoñecemento a esta cita que xa conta co favor de miles de visitantes que se achegan todos os anos a San Clodio. Cunha produción anual dunhas 50 toneladas, a cereixa de Ribas de Sil está amparada polo rexistro de marcas e patentes, ó igual que o aceite, requisito imprescindible para acadar a futura denominación de orixe. No acto de presentación, que tivo lugar nun posto do mercado da Praza de Abastos, o público asistente puido comprobar o excelente sabor das sonadas cereixas coa degustación dalgunha das moitas variedades desta froita que se cultivan no Concello.

A cita comezará oficialmente o sábado 9 ás 21:00 horas coa lectura do pregón a cargo do Alcalde, José López Orozco, aínda que os actos iniciaranse xa pola mañá coa apertura do recinto feiral e a animación a cargo de pasarrúas. Un ano máis, tamén haberá competicións deportivas e diferentes actuacións musicais ata o domingo pola noite, cando a feira pechará as súas portas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova