Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe comezaron as obras de demolición da última casa afectada polo Plan Paradai


# Mércores, 06/06/2012
Paz Abraira explicou que xa está elaborado o orzamento para dotar de mobiliario urbano e humanizar o tramo peonil da Ronda da Muralla

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, e a Concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, informaron esta mañá dos acordos da Xunta de Goberno Local e que, nesta ocasión, foron todos referidos a temas urbanísiticos menores, como licenzas e taxas.

Neste sentido, o responsable da área de Urbanismo, informou que hoxe comezaron as obras para a demolición da casa de Paradai de Abaixo afectada polo Plan Paradai co que se agarda que “esta demolición tamén é a única xustificación que tiña a Xunta de Galicia para licitar por completo o presuposto necesario para a conclusión integra do que figura no Plan.” Esta actuación, na que o Concello invertiu máis 26.409 euros, está prevista que remate a próxima semana co que se despexaría totalmente a zona para poder traballar na licitación da nova ponte. Neste sentido, Luis Álvarez, explicou que “
hai unhas semanas o portavoz do grupo Popular de Lugo, afirmou que a licitación era inminente, e agora resulta que, no mellor dos casos, esa licitación non se vai facer ata finais de ano”.

Camiño Primitivo
Por outro lado, Luis Álvarez, explicou que no relativo á limpeza do Camiño Primitivo que durante anos se viña facendo mediante un convenio coa Xunta, este ano, no mes de marzo “enviáronnos un escrito dende a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, na que se nos indica que este ano a limpeza vaise realizar mediante a licitación pública aberta a empresas e do que se encargan eles polo que moi dificilmente o Concello vai adoptar novas medidas que non lle competen”. Nese mesmo escrito solicítase a comprensión ante este feito e así o fai o equipo de goberno do Concello de Lugo, segundo declarou Luis Álvarez, que apuntou que “o grupo municipal do PP debería comprobar antes de falar quen ten as competencias en determinados temas porque para nós, non todo vale”.

Humanización Ronda Muralla
Tras as declaracións á prensa do vicevoceiro do grupo da oposición do Concello de Lugo, sobre a prohibición da circulación de vehículos no tramo peonil da Ronda da Muralla, a edil de Infraestruturas Paz Abraira, afirmou que “chama a atención que o PP se posicione en contra de que as rúas peonís sexan peonís”. Paz engadiu que “todos debemos de felicitarnos polo que supora a mellora para o entorno da Muralla, un Monumento Patrimonio da Humanidade, que é o elemento de máis valor que ten o Concello de Lugo.”

“Temos consignación orzamentaria e practicamente elaborado o orzamento para dotar de mobiliario urbán e humanizar o tramo peonil da Ronda da Muralla”. Vanse colocar bancos, xardineiras e un novo alumeado público acorde coa zona da que se está a falar. Do mesmo xeito que non se vai permitir a circulación de vehículos pola zona e moito menos o estacionamento, aínda que a única excepción será a circulación do transporte escolar que ten permiso para facelo.

Un dos obxectivos das Axenda 21 e do que se pretende para esa zona é a mellora do entorno urbáns e, segundo Paz Abraira “gañamos este espazo para todos os cidadáns de Lugo e non para que os colexos privados poidan utilizar esta zona como o seu aparcadoiro”.

Fonte da Pinguela
A responsable da Área de Infraestruturas e Axenda 21 do Concello de Lugo explicou, tras a adxudicación das obras de restauración da fonte da Pinguela, que a entidade local acometerá as obras través do Plan Urbán. Esta obra esta dividida en dúas partes, por unha banda a recuperación da fonte e por outro lado o arranxo do entorno da fonte.

Así, o Concello de Lugo asume voluntariamente o arranxo dos viais, con cargo aos fondos do Plan Urban, cun orzamento de 120.000 €. Vai ser necesario coordinar as actuacións que desenvolven ámbalas dúas administracións para recuperar este elemento de alto valor. O Concello seguirá todos os pasos que administrativamente sexan necesarios para non cometer erros e poder xustificar debidamente esta actuación que recibe fondos europeos para a súa execución.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova