Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o traslado da Policía Local a súa nova sede en San Fiz


# Mércores, 06/06/2012
O Alcalde supervisou hoxe os traballos de inicio da mudanza ó novo edificio que compartirán a Policía Local e Protección Civil no que investiu 3,1 millóns de euros o Concello

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O moderno edificio conta, entre outras instalacións, cunha galería de tiro


O Alcalde, José López Orozco, efectuou hoxe unha visita á nova sede da Policía Local e Protección Civil para inspeccionar a marcha das labores de mudanza da Policía Local ás novas instalacións que ocupará en San Fiz. Na visita o Alcalde estivo acompañado polo Xefe da Policía Local, Manuel Méndez Novo.

O Alcalde destacou, en declaracións ós medios de comunicación, que o novo edificio, dotado con modernas instalacións, entre elas unha galería de tiro, axudará a mellorar os servizos que prestan á cidadanía tanto a Policía Local como Protección Civil.

López Orozco agradeceu “a xenerosidade dos membros da Policía Local que, neste tempo, sufriron as molestias que supón traballar convivindo coas obras no inmoble do Vello Cárcere e tamén deron todas as facilidades para facer o traslado, cos trastornos que ocasiona unha mudanza”.

O traslado da Policía Local ó novo edificio farase en cinco días, de acordo cun plan que lles foi presentado nos últimos días ós responsables das distintas unidades e ós sindicatos e está previsto que a mudanza quede rematada a mediados da semana que vén.

Esta planificación supón o traslado, hoxe, da Policía de Barrio e a sala de control do teléfono 092. No segundo e terceiro día trasladaranse a Unidade de Atestados e Oficina Administrativa da Policía Local, respectivamente. O cuarto día farase a mudanza do Gabinete de Tráfico, a Patrulla Verde e a Oficina de Atención ao Cidadán e o último día será o traslado do Servizo de Transportes.

O traslado dos distintos servizos da Policía Local permitirá baleirar o edificio do Vello Cárcere o que facilitará as obras que xa están en marcha correspondentes á primeira fase do proxecto para a creación dun Centro cultural, unha actuación que financia o Plan Urban.

A nova sede da Policía Local e de Protección Civil está situada nunha nova área de expansión urbana como é San Fiz e construíuse de acordo cun proxecto do equipo Mestura Arquitectes.

A obra foi financiada polo Concello e contou cun orzamento de 3,1 millóns de euros. O edificio ten forma de U, o que permite diferenciar as dependencias da Policía Local e de Protección Civil. O inmoble ten unha superficie construída de 5.200 metros cadrados distribuídos en soto e dúas plantas. A galería de tiro, que é un dos espazos máis singulares do edificio, está situado no soto e nela poderán facer as prácticas de tiro os axentes da Policía Local.

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova