Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O campamento urbano polideportivo Lumiera Cup 12 desenvolverase na cidade do 2 ao 27 de xullo


# Xoves, 07/06/2012
A cuarta edición destes campamentos deportivos de verán desenvolveranse no Polideportivo da Facultade de Formación do Profesorado da USC e CEIP Anexa mensualmente ou por semanas

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral Esther Muñóz, e o secretario da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo, presentaron esta mañá a cuarta edición dos campamentos de verán Lumieira Cup’12.

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, a Concellería de Deportes e o Parque Infantil de Tráfico, colabora nesta cuarta edición dos campamentos urbáns polideportivos, que se desenvolverán do 2 ao 27 de xullo na cidade.

Díaz Grandío destacou o gran éxito acadado por esta actividade nas anteriores edicións, e salientou que “é unha alternativa moi interesante para a época de verán, xa que ofrece a oportundade aos máis pequenos de achegarse a moitas modalidades deportivas que non son as máis habituais”.

Pola súa parte, Esther Muñóz, explicou que “este tipo de actividades son doblemente interesantes porque forman ao nenos e nenas e, a súa vez, fan máis fácil a conciliación familiar”.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e desenvolverase de luns a venres, de 09.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 19.30 horas, no Polideportivo da Facultade de Formación do Profesorado. Según destacou o coordinador do campamento e presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo, hai posibilidade de optar aos campamentos tanto mensualmente como por semanas:

1ª semana - do 2 ao 6 de xullo
2ª semana - do 9 ao 13 de xullo
3ª semana - do 16 ao 20 de xullo
4ª semana - do 23 ao 27 de xullo

A Lumiera Cup’12 contará con servizo de autobús e opción a comedor. Tamén poderá participarse na actividade as Noites Divertidas que se desenvolverán unha noite por quincena. Según sinalou Lorenzo, os grupos no serán de máis de 45 rapaces, “xa que optamos pola calidade máis que pola cantidade”. A parte das actividades deportivas programadas, como loita, rugbi, karate, piragüismo, bowling, tenis de mesa, patinaxe, fútbol sala, balonmán, atletismo, golf, piscina, hípica…. Os rapaces e rapazas tamén terán actividades lúdicas como excursións.

O prazo de inscripción para a primeira semana do campamento remata o día 29 de xuño, e así sucesivamente; cada mércores antes do comezo semanal da actividade, rematará o prazo de solicitude. As inscripcións poden facerse a través das páxinas web: http://lumieiracup12.blogspot.com ou http://lumieiralugo.blogspot.com
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova