Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello conta dende hoxe cun novo camión gravillador


# Xoves, 07/06/2012
López Orozco destacou que tivo unha inversión de preto de 94.000 euros e que se adicará especialmente á zona rural

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou esta mañá un novo camión que renovará a flota de vehículos de obras do Parque Móvil do Concello. O vehículo, que vai sustituir a outro comprado hai 29 anos, é da marca Iveco e comprouse polo sistema de leasing con un custe de 93.692 euros. No acto tamén estiveron o Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, e o xefe do Parque Móbil do Concello, José Reigosa.

López Orozco destacou que “está orientado fundamentalmente á zona rural e vaise completar con outro que está en proceso de contratación o que fará que teñamos as estradas do rural en mellores condicións.” O camión gravillador dispón dun dispositivo de última xeneración que permite que os escapes de motor sexan menos contaminantes. Tamén está en proceso de contratación un camión bituminador que se destinará ao mantemento das pistas da zona rural.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova