Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Reúnese por primeira vez a Comisión de Festas do San Froilán 2012


# Xoves, 07/06/2012
Antón Bao anunciou unha redución de 100.000 € respecto ao ano pasado

Imaxe Asociada

Dende o concello incentivarase que os barraquistas traian novas atraccións ás festas deste ano

As atraccións e as polbeiras comezarán a funcionar o día 3 de outubro

O Tenente de Alcalde e Responsable do Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, deu conta da primeira das xuntanzas da Comisión de Festas do San Froilán 2012. E anunciou unha redución de entorno a 100.000 € no orzamento das festas con respecto ao ano anterior. Bao informou que na xuntanza deuse conta do informe da intervención relativo ás contas do San Froilán 2011. Neste informe cífranse uns ingresos de 520.331 €, que son fundamentalmente recadados pola adxudicación de postos, e uns gastos de 842.574 €. Bao aclarou que no capítulo de gastos están incluídos ademais dos propios relacionados coas festas de San Froilán os gastos de instalación eléctrica e publicación de bandos que non estaban no orzamento propio das festas. Bao recoñeceu un desfase de 30.000 € no orzamento asignado ás festas do San Froilán e atribuino “a un trasvase no orzamento de cultura derivado da non celebración da Semana da Maxia no ano 2011 e que se adicou a incrementar as actividades durante as festas do San Froilán”.

Outro dos puntos tratados na Comisión foi o relativo ás modificacións que se levarán a cabo no recinto feiral para este ano. O cambio fundamental consistirá na desaparición das casetas de venda das rúas Pascual Veiga e Puro Cora. Estas rúas quedarán abertas ao tráfico e recupéranse as prazas de aparcamento desta zona durante a celebración das festas. Nestas casetas, e no seu entorno, instalábanse postos de venda nos que “se viñan detectando prácticas irregulares” segundo Antón Bao. A eliminación de esta zona de venda “persegue varios obxectivos”. Bao referiuse a estes obxectivos como unha mellora na preservación do Parque Rosalía de Castro, a rebaixa no grao de molestias aos veciños e unha mellora da imaxe da zona durante as festas.

Na Comisión de festas presentáronse, tamén, as bases que rexeran o concurso de adxudicación dos emprazamentos para postos e atraccións de feira. O Tenente de Alcalde incidiu en que “vaise ser moito máis estritos á hora de facer cumprir coas bases e contémplanse sancións moito máis duras que poden chegar ao precinto da establecemento ou mesmo á perda da concesión que vai quedar adxudicada ata o 2015”. Bao explicou que tamén se eliminarán determinados postos de venda que, ata o de agora, se viñan instalando na rotonda da praza de Avilés. Esta eliminación implicará unha mellora substancial na circulación na zona do recinto feiral. Bao afirmou que “haberá un estrico control da seguridade, da limpeza e do ruído”. De feito, nas bases para a adxudicación dos postos de este ano, farase unha modificación na tipoloxía de atraccións permitidas nos espazos que ocupaban tradicionalmente barracas que viñan excedendo os límites establecidos no control acústico. Bao anunciou tamén novidades na puntuación da poxa e na que se dará máis valor aos empresarios que presenten novidades nas atraccións por que “pretendemos que os barraquistas traian novas atraccións para evitar unha repetición das mesmas ano tras ano”.

Outra das novidades é que este ano os feirantes presentarán as súas ofertas en sobre pechado. Con esta modificación das bases, respecto ás de anos anteriores, “búscase garantir a absoluta transparencia no proceso de adxudicación dos postos” segundo o Tenente de Alcalde. Bao informou que as adxudicación terán vixencia ata o 2015 para evitar que o goberno resultante das vindeiras eleccións municipais teñan que afrontar un novo proceso de adxudicación nada máis asumir as funcións de goberno.

Os puntos terceiro e cuarto tratados na orde do día da Comisión foron os relativos as bases que establecerán o concurso para a adxudicación dos contratados de produción e de son e luz. Para o concurso de produción destinaranse un total de 149.242,27 €. O concurso para a contratación do aluguer dos equipos de son e iluminación para a realización dos concertos terá un prezo de saída de 61.620,58 €. Segundo o responsable de cultura do Concello “isto supón un aforro no prezo de saída, respecto ao 2011 de 30.362 €”. O aforro basease nunha redución no número de concertos aínda que, sinalou Bao “as festas non decaerán en calidade nin cantidade” e aclarou que “tendo en conta o calendario do 2012 haberá unha altísima concentración de actividade en torno ás fins de semana pero certos días da semana diminuirá a actividade considerablemente”.

No punto quinto tratouse a contratación das casetas para a Praza Maior e a avenida de Rodríguez Mourelo. A adxudicación será ata o 2015. Instálanse 42 novas casetas no primeiro tramo de Rodríguez Mourelo e casetas no fondo da Pza Maior: prezo de saída 33.749.18 € isto supón un aforro de 6.949 € respecto ao ano pasado. Bao explicou que se estima un redución nos ingresos de 10.000 € o balance é positivo xa que é probable que a puxa polas casetas de Rodríguez Mourelo se incremente e compense os 3.000 € de diferencia respecto ao 2011. A instalación de casetas de venda na mediana da avenida de Rodríguez Mourelo substituirá as mesas de venda que cada feirante viña instalando ata este ano. Estas casetas son as que se viñan instalando, habitualmente, nas rúas Pascual Veiga e Puro Cora. Estas 42 casetas suporán un total de 126 metros lineais de postos de venta. Todos os feirantes que se instalen en esta zona terán que facelo en algunha destas corenta e dúas casetas instaladas polo concello.

Por último a Comisión de Festas tratou o punto relativo ás bases de adxudicación da iluminación ornamental nas rúas da cidade durante o período de festas. A saída do concurso estará cifrada en 27.000 € e estará iluminadas as mesmas rúas que o ano pasado. Bao tamén agarda un importante aforro na puxa xa que no 2011, con este mesmo prezo de saída, a adxudicación foi efectuada en pouco máis de 24.000 €. Outra das condicións recollidas no prego é que o trazado do Camiño Primitivo se ilumine de xeito diferenciado para realzar a súa importancia como símbolo importante do patrimonio de Lugo.

Antón Bao propuxo na Comisión de Festas o inicio da actividade das barracas e polbeiras o día 3 de outubro. Esta proposta contou coa aprobación dos membros da Comisión.

www.sanfroilan.info

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova