Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra o Día Internacional dos Arquivos


# Venres, 08/06/2012
O 9 de xuño foi declarado pola UNESCO no ano 1948 como a data
adicada aos Arquivos de todo o mundo


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Este ano poderanse ver no sitio web do concello de Lugo (www.lugo.es) fotografías e documentos pouco coñecidos e relacionados coa Muralla

O Tenente-Alcalde do concello de Lugo, o nacionalista, Antón Bao explicou hoxe que o concello de Lugo celebrará mañá o Día Internacional dos Arquivos. O día 9 de xuño de 1948, a UNESCO creou o Consello Internacional de Arquivos (CIA), e con ese motivo celébrase o Día Internacional dos Arquivos dende aquela data. A Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, a través do Arquivo Municipal, quere adicar este día a difundir aqueles documentos custodiados no propio Arquivo e relacionados coa Muralla. Segundo Antón Bao “este ano queremos amosar estas testemuñas da historia da muralla lucense coincidindo co nomeamento polo buscador Google da nosa Muralla como a a segunda marabilla mundial”.

Bao informou que, a través da páxina web do concello de Lugo, farase unha exhibición de fotografías e documentos sobre a Muralla que todas as persoas interesadas poderán visitar. Bao dixo que “nesta pequena mostra soamente queremos destacar os documentos  menos coñecidos pola cidadanía en xeral: planos de portas que non se chegaron a construír, planos de portas das que a súa construción foi controvertida como a do Bispo Odoario ou outros como os planos e fotos da Porta do Príncipe , que xa non chegamos a coñecer a maioría de nós”. Tamén se inclúe unha selección de fotografía do monumento, que tiveron menos difusión e que fan ver a grandeza da muralla romana. A través da web municipal poderanse ver fotos aéreas e outras que deixan constancia dos atentados do que foi obxecto a Muralla ao longo do tempo, como a voadura feita na Porta de Bispo Odoario.

Tamén se recolle a historia da celebración deste día así como os conceptos de arquivo e documento, que, habitualmente, non coñece a poboación, para que se poda entender mellor a labor dos arquivos municipais. O Consello Internacional de Arquivos (CIA) celebra o Día Internacional do Arquivos co fin de “ofrecer aos arquivos de todo o mundo unha grande oportunidade para promover a causa dos rexistros e arquivos no seu país. Pode ser usado para convencer aos gobernos de que o mantemento de rexistros é unha condición esencial para a boa administración, a transparencia e a rendición de contas, para salientar a importancia de preservar os arquivos da memoria colectiva das nacións e sociedades, e para impulsar ao público en xeral que nunca antes o fixera a acercarse aos arquivos por primeira vez”.

Coñeza o Arquivo Municipal do Concello de Lugo e a celebración do Día Internacional dos Arquivos 2012.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova