Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lucus terá máis de 40 actuacións novidosas das máis da 150 coas que se presenta o programa


# Venres, 08/06/2012
O Arde Lucus 2012 celebrarase o venres día 22, sábado 23 e domingo 24 de xuño 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A festa que é de Interese Turístico Galego aspira a ter a denominación de Interese Turisto Nacional segundo sinalou López Orozco

O Alcalde destacou o gran retorno económico desta festa para a cidade, tanto no comercio, na hostalería ou no hospedaxe

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentaron esta mañá o programa do Arde Lucus 2012, festa que acada este ano a súa undécima edición co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego e que se desenvolverá dende o 22 ao 24 de xuño.

O Alcalde destacou que este ano, no que se celebra o undecimo aniversario do Arde Lucus, e que ademais conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego, asegurou que “xa temos meritos dabondo para que pase a ser considerada Festa de Interese Turístico Nacional, que agardamos sexa pronto”. Neste sentido tamén expresou que “esta festa non sería o que é se os lucenses non estivésemos orgullosos da nosa cidade e da nosa historia”.

Na mesma liña, Carmen Basadre, explicou que “este ano o Arde Lucus comezou sendo difererente xa que se ampliaron o número de actividades previas” para engadir que “este ano hai máis de 150 actividades, delas máis de 40 son novas con respecto ás edicións anteriores aínda que se seguen mantendo as clásicas”. Como en anos anteriores haberá o Macellum, onde se poderán mercar produtos típicos, espectáculos de teatro pola rúa, as vodas e bautizos polo rito celta e romano, desfiles de tropas, as bacanais ou as loitas entre romanos e castrexos. Dentro das novidades, destacan o espectáculo de Heroes e Deuses; a constitución do senado romano, formado por veciños da cidade que levarán a cabo diferentes actuacións; unhas olimpiadas romanas protagonizadas por 7 clubes deportivos da cidade entre as que haberá loitas grecorromanas ou esgrima clásica; ou o asado dun porco celta recheo e produtos autóctonos, entre outras actuacións.

Unha das principais novidades é que a Castra de Lucus Augusti será, por primeira vez, nun espazo situado no Carril dos Fornos, moito máis amplio que o anterior. Nel montarán os campamentos as asociacións de Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N'Og, e Lvcvs Eqvites que ademais se farán cargo da Expugnatio, do venres á tarde. A Cohors III Lucensium asentarase na Praza Maior que realizará varios desfiles ao longo do fin de semana. Finalmente, o campamento Trebas Galaicas estará situado no cantiño de Nemesio Cobreros.

Tamén é o caso do Miúdo Arde, que cambia a súa ubicación á Praza San Marcos, na que desenvolverá o seu apertado programa e que se presentará como novidade Un viaxe en colo para nenos de 0 a 3 anos.

O Alcalde de Lugo destacou que esta festa permitiu que “descubríramos aínda máis a nosa orixe, a nosa cultura, o noso idioma e moitas das nosas tradicións”. Unha festa, sinalou Orozco, que “logrou case un milagre na nosa cidade xa que son milleiros as persoas que durante estes días xa están preparando os seus traxes para que en familia ou na compaña de amigos participen e disfruten da festa”. López Orozco asegurou que o Arde Lucus é unha festa turística moi importante, “cunha gran implicación por parte de comerciantes e asociacións, e cun gran impacto de retorno económico para a cidade”.

Neste 2012, puxéronse novamente en marcha obradoiros destinados á comunidade escolar, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, a través do Centrad. E a través da participación das asociacións de recreación histórica da nosa cidade nas actividades do Arde Lucus e nas previas do Lvcvs Cultural.

As entradas para o Circo Romano e o espectáculo “Heroes e Deuses” poderán adquirise a través da páxina web entradas.novagaliciabanco.es a partires do luns 11 de xuño. O prezo das entradas será de 2 euros.

As empresas patrocinadoras deste Arde Lucus 2012 son: Excma. Deputación Provincial de Lugo, La Caixa, Estrella Galicia, Asogal, Gestagua, Caixa Rural Galega, ALSA,Urbaser, Novagalicia Banco, Coca-Cola, CC As Termas, Her-Vei S.L., GADISA, Sanle S.L., CECHALVA, Calfensa, Hotel Balneario y Termas de Lugo, Club de Cata Vitislucus, OLA, Torre de Núñez, Faragullo, Muebles Casanova, Caamas&Sofaas, MerKmueble, Mercasofá, Chateaus D’ax, Centro Kit, Zapaterías Tino González, Asoporcel, Avimós, Cachega, Boaga.

O programa poderá descargarse na páxina web do Arde Lucus www.ardelucus.com e na web do Concello de Lugo www.lugo.es

Toda a información:




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova