Imprimir

O ALCALDE EXPRESA O APOIO DO CONCELLO ÓS TRABALLADORES DE TABLICIA


8/6/2012

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, reuniuse hoxe ó comité de empresa de Tablicia e manifestoulles ós representantes dos traballadores o apoio do Concello.

O Alcalde manifestou, en declaracións ós medios de comunicación, que o obxectivo do encontro foi “coñecer de primeira man o problema que ten a empresa, que é moi importante para a nosa cidade”.

López Orozco anuncioulles ós traballadores que “contan co apoio do Concello para lograr que Tablicia quede en Lugo e siga a ser a empresa que foi sempre”.

O Alcalde dixo que esta é unha empresa “moi importante na nosa cidade”, xa que, segundo lembrou, “foi das primeiras de fabricación de taboleiros que se instalaron en Galicia e tamén en España” e destacou tamén que conta cunha tecnoloxía moi avanzada.