Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello expón as listas de admitidos nos proxectos Lugo Emprego Activo 2 e Lugoquálitas 2


# Martes, 12/06/2012
105 desempregados participarán en sete accións de formación e 30 recentemente titulados farán prácticas en empresas de Alemaña, Reino Unido e Italia

As listas pódense consultar en www.lugo.es e no taboleiro do Concello

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral vén de facer públicas as listas provisionais das persoas que foron admitidas en dous proxectos de formación para desempregados e recentemente titulados que organiza o Concello de Lugo grazas ás achegas económicas da Unión Europea.

Dentro do programa Lugo Emprego Activo 2 realizaranse sete itinerarios de formación dos que se beneficiarán un total de 105 veciños de Lugo que están desempregados. Os cursos previstos son os seguintes: monitor/a de turismo activo, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, monitor/a de ludoteca, elaborador de queixos, técnico/a de transporte sanitario, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e enquisador/a. Para cada un deles foron seleccionadas 15 persoas.

Estes son os sete primeiros itinerarios de formación da segunda edición do proxecto europeo de inserción sociolaboral Lugo Emprego Activo do que se van beneficiar en total 420 desempregados lucenses. O programa terá unha duración en total de 36 meses, contará con 28 itinerarios diferentes e o seu presuposto é de 1.335.010 euros, dos cales o Fondo Social Europeo financia o 80%.

Becas para prácticas no estranxeiro

Tamén se acaba de facer público o listado provisional de beneficiarios/as do proxecto Lugoquálitas 2, un programa europeo que ten por obxecto facilitarlle ós mozos/as de Lugo a posibilidade de que completen a súa formación facendo prácticas no estranxeiro. Concretamente, 13 deles terán a oportunidade de ampliar a súa formación en Florencia (Italia), outros 12 en Belfast (Reino Unido) e 5 máis en Hamburgo (Alemaña).

Lugoquálitas 2 é un proxecto do Concello de Lugo, pertencente ao programa europeo Leonardo da Vinci de aprendizaxe permanente, que facilita a recentemente titulados universitarios e de formación profesional a realización de prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino Unido.

Cada unha das bolsas é para unha estancia de 12 semanas, das cales as 3 primeiras estarán adicadas a un curso intensivo da lingua do país e as 9 restantes á realización de prácticas en empresas dos sectores nos que os participantes realizaran os seus estudos.

As becas para a realización das prácticas, de acordo coas condicións establecidas no Programa Leonardo da Vinci, consisten nas custes da viaxe, desprazamentos ata o lugar de destino, seguro de asistencia en viaxe, custes de preparación lingüística, titorización das prácticas nas empresas, procura das empresas onde se realizarán as prácticas, xestión dos certificados oficiais e unha dotación económica de 400 euros.

As listas de persoas admitidas, reservas e excluídas pódense consultar dende onte tanto na páxina web do Concello www.lugo.es como no taboleiro municipal, nos que se proporciona información sobre os prazos para a presentación de reclamacións en cada unha destas accións de formación.

Consultar Listado provisional de persoas admitidas e desestimadas no proxecto "Lugo Emprego Activo 2"

Consultar Listado provisional de beneficiarios/as reservas do proxecto Lugoquálitas 2




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova