Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O XI Campus de Fútbol Multideporte Cidade de Lugo terá lugar entre o 25 de xuño e o 7 de xullo


# Mércores, 13/06/2012
Poderán participar rapaces e rapazas nados entre 1995 e 2007

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, Magín López, presentaron o XI Campus de Fútbol Multideporte Cidade de Lugo, que terá lugar no campo de fútbol Luis López Gorgoso entre o 25 de xuño e o 7 de xullo. Neste acto tamén participaron o coordinador de campus, Óscar Seijas, e o representante da área de Deportes da Xunta, Carlos Lorenzo.

O Concelleiro agradeceu o esforzo que realiza esta agrupación deportiva durante o ano coa organización de múltiples actividades e manifestou o seu desexo de que esta edición conte cun éxito de participación igual que en anos anteriores.

Nesta actividade poden tomar parte nenos nados entre 1995 e 2007 que practicarán distintas modalidades como fútbol, golf, ciclismo, baloncesto ou voleibol e tamén participarán en actividades culturais.

O número de prazas ofertado é de 180 que se reparten en dous quendas, unha do 25 ó 30 de xuño (120 prazas) e outra do 2 ó 7 de xullo (60 prazas). Na primeira semana está previsto que visite o Campus o xogador do Deportivo Pablo Álvarez e tamén farán visitas o Campión do Tour Óscar Pereiro e o árbitro Iglesias Villanueva.

Os interesados en obter máis información poden acudir ás oficinas do club polas tardes, chamar ó 630 078 398 ou enviar un correo electrónico a campusmilaarrobagmail.com. A data límite de inscrición é o 22 de xuño.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova