Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado celébrase a primeira Feira do Bandullo ecolóxico no Mercado municipal


# Xoves, 14/06/2012


Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, presentou hoxe a primeira Feira Ecolóxica que se vai celebrar este sábado, día 16, organizada pola Concellería e pola Asociación Bandullo ecolóxico, coa colaboración da Deputación provincial. No acto tamén interveu Esther Gómez, Presidenta da Asociación Bandullo Ecolóxico.

Francisco Fraga salientou que iniciativas coma esta contribúen a mellorar a nosa alimentación e, tamén, á dinamización do Mercado municipal, xa que o Concello pretende convertelo nun referente para os consumidores. Neste sentido, o Concelleiro fixo fincapé en “todos os esforzos que estamos facendo para conseguir a plena ocupación do Mercado e a diversificación da oferta que alí atopan os consumidores”.

A Feira Ecolóxica terá lugar de 10.00 a 16.00 horas nas instalacións do Mercado municipal e anunciou que participarán nela arredor de 18 produtores que poñerán a venda produtos de distinto tipo como embutidos, plantas secas, mel, lácteos, verduras, cervexa artesá, carne fresca, castaña e derivados dela. Ademais da comercialización destes produtos tamén haberá actividades de animación como música e rifas.

A Presidenta de Bandullo Ecolóxico lembrou que esta asociación xa leva case un ano facendo nas instalacións municipais un mercado ecolóxico. Celébrase os martes pola tarde, de 17.00 a 20.00 horas, e conta coa participación de produtores de cercanías procedentes de Tirimol, Friol, Negueira de Muñiz e Lourenzá que comercializan a súa produción de hortalizas, legumes, verduras, froitos secos ou pan, entre outras mercadorías.

Segundo explicou Esther Gómez, un dos principais obxectivos que ten a Asociación Bandullo Ecolóxico con este mercado é animar ós consumidores a comer san, mercando produtos de temporada directamente ós produtores. Deste xeito, ademais, evítanse os intermediarios e axúdase a que haxa comunidades rurais autónomas e contribúese ó equilibrio medioambiental.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova