Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá celébrase o tradicional Desfile presentación da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón


# Xoves, 14/06/2012


Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón Oscar Engroba presentaron hoxe o Desfile presentación que organiza esta entidade mañá, venres, día 15 de xuño.

Díaz Grandío eloxiou o labor que fai esta asociación, xa que organiza moitas actividades deportivas vinculadas ó basket, en todas as categorías. Tamén destacou o Concelleiro de Deportes a importancia de que clubs coma este “non só viven de subvencións das administracións, senón que tamén buscan outras formas de financiamento para atender ós rapaces nas múltiples actividades que desenvolven ó longo de todo o ano”.

Unha desas vías para obter recursos por parte da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón é, precisamente, o Desfile presentación que serve de broche da temporada e terá lugar a partires das 23.00 horas na sala BOE.

Segundo explicou Oscar Engroba, o Desfile presentación “é unha festa que aproveitamos para facerlle un recoñecemento ós equipos de baloncesto que este ano fixeron un grande papel”.

Tamén anunciou que nel van participar máis de 140 persoas, entre modelos e xogadores, que farán seis pases de roupa cedida por distintas tendas da cidade. Un dos pases será de roupa do Arde Lucus.

O espectáculo completarase con sorteos de roupa e unha actuación musical e o prezo das entradas é de 5 euros.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova