Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado terá lugar na Praza Santa María o Desfile de Moda Arde Lucus


# Venres, 15/06/2012
A terceira edición do desfile Moda Arde Lucus será na Praza de Santa María de Lugo, a partir das 20.45 horas, e mostrará 50 deseños de moda romana para nenos, mulleres e homes

Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, animou a todos os lucenses a achegarse ata a pasarela para coñecer as ideas presentadas polos deseñadores e estilistas da cidade para a celebración do Arde Lucus

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e Miriam Souto, de Miriam Souto Peluqueros, presentaron esta mañá en rolda de prensa a terceira edición do Desfile de Moda Romana, previo a festividade do Arde Lucus, e que terá lugar este sábado, día 16 de xuño, na Praza de Santa María de Lugo a partir das 20.45 horas.

Carmen Basadre salientou que este ano o Desfile de Moda Arde Lucus conta cunha participación máis ampla que no ano pasado, e animou a todos os lucenses a achegarse ata o desfile para coller ideas dos deseños e peiteados presentados polos deseñadores e estilistas da cidade aínda que todos os modelos xa está vendidos. En total, poderán verse sobre a pasarela 50 deseños para nenos, mulleres e homes, onde poderán verse verse múltiples variedades de deseños e peiteados. Segundo destacou Miriam Souto, todos os modelos serán particulares, xa que está pensado para a xente da rúa, a xente que participa caracterizándose para a celebración do Arde Lucus.

Polo que respecta aos deseños, Miriam Souto destacou que están feitos por asociacións, artesáns e deseñadores da cidade, xa que “se fai para que a xente colla boas ideas para confeccionar os seus propios deseños de vestiario e peiteados na súa casa”. Con respecto as tendencias para este ano, Souto destacou que “este ano será máis impactante e moi orixinal, ambientados na Antiga Roma”.

A Concelleira de Benestar Social quixo agradecer ás empresas colaboradoras: Miriam Souto, René Velasco, Eduardo Souto, Aluma Peluqueros, Belén Villamide, María Tacón, Tina Cortón, Montse Arias, Unha de Romanos e Corazones Artesano de Lugo, e tamén a Escola de Danza Asociación Ritmo Lugo e a asociación Civitas Lucensis a súa participación nesta terceira edición do Desfile Moda Arde Lucus.

www.ardelucus.com





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova