Cargando....
Concello de Lugo
17/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A brigada de obras do Concello incrementou o número de intervencións no segundo trimestre do ano


# Sábado, 16/06/2012
A concelleira de Infraestruturas, a nacionalista Paz Abraira, visitou as reparacións na varanda do miradoiro da rúa Santiago

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
No que vai de ano o departamento de Paz Abraira xestionou 289 intervencións para mellorar as infraestruturas da cidade

A maior parte das actuacións derivan de avisos dos veciños, que foron centralizados a través dun único servizo para mellorar os tempos de resposta

A edil responsable da área de Infraestruturas e Axenda 21 do Concello de Lugo, a nacionalista Paz Abraira, aproveitou a recente visita ás obras realizadas no miradoiro da rúa Santiago para facer unha avaliación do traballo feito dende a área de Infraestruturas neste primeiro semestre doa no e deu conta das obras executadas pola brigada de obras do concello dependente desta área. A obra de reposición e arranxo das varandas do miradoiro da rúa Santiago “é un exemplo de pequenas obras que cun custo reducido contribúen a mellorar o aspecto da cidade e que a brigada de obras esta á executar con celeridade de resposta e cunha gran calidade nos acabados” segundo Paz Abraira.

O departamento que dirixe Paz Abraira tramitou un total de 289 intervencións no que vai de ano e no segundo trimestre incrementou o número de actuacións respecto do primeiro trimestre do ano. Segundo informou Paz Abraira neste segundo trimestre o seu departamento tramitou un total de 150 actuacións que sumado ás 139 actuacións do primeiro trimestre “arroxa un resultado altamente positivo e demostra que estamos gañando en eficiencia grazas aos cambios iniciados neste mandato”. A brigada de obras do Concello executou directamente un total de 159 obras e, tamén incrementou a súa eficiencia neste segundo trimestre do ano (76 no 1º trimestre + 83 no 2º trimestre).

Paz Abraira quixo poñer en valor o traballo da brigada, que incrementou notablemente as súas funcións nos últimos tempos. De feito, ademais de pequenas obras e traballos como a reparación de baldosas nas beirarrúas, tapas de rexistros, baches ou bancos, estanse a encargar de outras obras como afundimentos na calzada ou reparación de muros e varandas, que antes eran contratados a empresas, e que son agora acometidos directamente por parte da brigada municipal, co que se conseguiu un importante aforro económico, destacou Paz Abraira.

No período comprendido entre o 1 de marzo de 2012 e o 31 de maio de 2012, a brigada municipal, que está formada por oito persoas (un encargado, un carpinteiro, tres albaneis e tres operarios), realizou 150 actuacións en rúas e espazos públicos. Ademais das reparacións habituais (baldosas na beirarrúa, baches, afundimentos na calzada, bancos, etc.), a Brigada de Vías e Obras levou a cabo neste período varias obras relevantes. Deste xeito, prodúcese un notable aforro para o Concello, xa que unicamente ten que abonar o custo dos materiais, en lugar de ter que contratar a execución da obra. Ademais, a calidade da obra é igual ou maior que con calquera empresa construtora e conséguese ademais unha redución importante no tempo de resposta e resolución do problema.

Centralización dos avisos e mellora dos tempos de resposta

A partir de outubro de 2011, na Concellería de Infraestruturas cambiouse o xeito de proceso da información referente a reparacións necesarias nos espazos públicos. A recepción dos avisos pasou a centralizarse no Servizo de Enxeñería, para posteriormente trasladalos á persoa responsable de levar a cabo o traballo, xa sexa a Brigada de Vías e Obras, outra Concellería, outra entidade pública, algunha empresa de Servizos, ou algunha empresa construtora.

O Servizo de Enxeñería ten contacto habitual coas empresas de Servizos (para licenzas de canalizacións en solo público), empresas construtoras (en obras municipais ou de canalizacións de servizos en solo público), outros departamentos do Concello e outras entidades públicas (licenzas, proxectos, informes, etc.). Dado que o Servizo de Enxeñería é o que ten contacto habitual cos responsables de levar a cabo os traballos, resulta máis eficiente que sexa este Servizo o que esixa a realización das reparacións necesarias, e tamén quen supervise que estas se levaron a cabo axeitadamente. Deste xeito, evítase tamén que na Brigada de Vías e Obras se teñan que realizar este tipo de xestións, podéndose centrar unicamente na realización dos traballos que lle son propios.

Esta sistematización do traballo logrou reducir de maneira moi importante os tempos de resposta e resolución dos problemas e danos detectados. De feito, o tempo medio no que se resolveron as distintas incidencias foi de 11 días, variando en todo caso en función da gravidade e complexidade da actuación. Para reparacións e obras de pequena envergadura a maioría quedaron resoltas antes dunha semana, mentres que houbo obras complexas que se estenderon durante máis dun mes.

Procedencia dos avisos recibidos

Durante o período sinalado, recibíronse un total de 139 avisos de incidencias, aínda que só 76 eran competencia da Brigada de Vías e Obras. O maior número de avisos procede da Policía Local. Tamén cabe destacar que un gran número de incidencias son comunicadas directamente á Concelleira, que á súa vez as transmite ó Servizo de Enxeñería. En numerosas ocasións, son os veciños os que informan dos danos, xa sexa a través do teléfono 010, ou ben directamente con escritos presentados no Rexistro.

A procedencia dos avisos que chegaron ao Servizo de Enxeñería no que vai de ano foi a seguinte:

1º trimestre 2012   2º trimestre de 2012
INFORMANTE Nº AVISOS   INFORMANTE Nº AVISOS
Policía Local 50   Policía Local 42
Concelleira 28   Medio Ambiente 28
Veciños 22   Veciños 32
Medio Ambiente 16   Concelleira 24
Enxeñería 14   Enxeñería 14
Teléfono 010 6   Vías e obras 4
Prensa 1   Teléfono 010 3
Servizo autobuses 1   Prensa 2
Vías e obras 1   Serv. Eléctricos 1

Tipos de incidencias

O tipo de incidencias que se recibe é moi variado. Cabe destacar as seguintes:

INCIDENCIA Nº AVISOS 1º TRIMESTRE Nº AVISOS 2º TRIMESTRE
Reparación de baldosa na beirarrúa 44 44
Reparación en tapas de rexistros 24 25
Baches 19 18
Afundimentos na calzada 5 4
Bordo a reparar 5 4
Bancos a reparar 5 10
Varanda a reparar 3 6
Danos en muro 3  
Reparación en escaleiras 3  
Instalación de bancos   5
Farola danada   3
Asfaltado Deficiente   2
Reparación de sumidoiros   2
Outros 28 27
TOTAL 139 150


Destinatarios

Unha vez recibido o aviso, notifícase á persoa competente para a súa reparación. Na maior parte dos casos, é a propia Brigada de Vías e Obras do Concello quen se encarga da reparación, cando se trata de bens públicos dentro do ámbito da Concellería de Infraestruturas.

En algúns casos, o ben danado pode ser titularidade doutra Concellería, ou ben doutra entidade pública. En tal caso, notifícaselles para que procedan eles mesmos á reparación. En outros casos, notifícase ás compañías propietarias do ben danado. É o caso das compañías de servizos, cando hai algún elemento da súa infraestrutura danado. Por exemplo, é frecuente que sexan necesarias reparacións nas tapas de rexistro. Pode ocorrer que a incidencia poda ser debida á acción dunha empresa construtora. En tal caso, avísase á empresa para que proceda á reparación ao seu cargo. O Servizo de Enxeñería supervisa que a reparación se leve a cabo axeitadamente.

Hai tamén algúns casos nos que non é viable a reparación, por implicar unha obra moi custosa, por estar en dominio privado, ou por tratarse dun aviso erróneo.

A continuación, resúmense os destinatarios dos avisos recibidos:

DESTINATARIO
Nº AVISOS 1º TRIMESTRE
Nº AVISOS 2º TRIMESTRE
Brigada de Vías e Obras
76
83
Outros departamentos do Concello:
27
29
Medio Ambiente
12
15
Servizos Eléctricos
7
8
Parques e Xardíns
3
4
Rehabilitación
1

Tráfico
3
1
Augas
1

Zona Rural

1
Outros entes públicos
3
6
Empresas de servizos
14
16
Begasa
4
6
R
4
5
Gas Galicia
3
4
Telefónica
3
1
Empresas construtoras
7
9
Sen destinatario
12
3
Servizo de Enxeñería

4




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova