Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Paz Abraira visitou as obras do novo parque infantil cuberto


# Venres, 15/06/2012
Esta infraestrutura está situada no entorno do Pazo de Feiras nas inmediacións do río Miño

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Esta instalación, que será a primeira destas características na cidade, conta cun orzamento para a súa execución de 154.273,45 € 

A edil de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, visitou as obras de construción do parque infantil cuberto na zona do recinto do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Paz Abraira avaliou esta obra como “un exemplo de integración do medio natural no entorno urbano coa demanda de ocio das familias para os días de sol ou chuvia”. Esta obra, que fora unha proposta dos nacionalistas antes de formar parte do goberno municipal, está financiada grazas a un convenio establecido entre o concello de Lugo e a Deputación a través dun plan extraordinario de obra pública da institución provincial. 

Ademais da cuberta, a nova instalación conta con máis de media ducia de elementos de ocio infantil, bancos e papeleiras. O chan da zona de xogos está realizado con céspede artificial, como elemento que garante as características requiridas para este tipo de instalacións infantís, e para manter o carácter de espazo verde desta área de esparcemento periurbana. Todos os aparatos de xogo contan coas correspondentes homologacións e medidas de seguridade necesarias. 

Esta zona de xogo é a primeira deste tipo que se instala no concello e a súas características permitirán a súa utilización durante todas as épocas do ano. A cuberta escutouse cunha estrutura metálica sen aristas para evitar accidentes e o material da cuberta é unha lona de alta resistencia. Buscouse un tipo de cuberta que evitara os fenómenos de condensación nas épocas de inverno e que proporcionase o sombreado necesario para os días máis soleados. A obra foi adxudicada, no seu momento, á empresa LAPPSET ESPAÑA VR S.L. por un importe de importe total: 182.042,67 euros. A empresa presentará melloras para a obra valoradas en 34.995,05 € e estipulouse en prazo de execución: 2 meses.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova