Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao representará ao Concello de Lugo nos actos do 50 aniversario da Día das Letras Galegas


# Venres, 15/06/2012
Bao dará lectura a textos de Luis Pimentel e Ánxel Fole no transcurso do acto que terá lugar na praza coruñesa de María Pita

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Cincuenta voces para o cincuenta aniversario do Día das Letras servirá de homenaxe ás figuras agasalladas no Día das Letras Galegas dende 1963 a 2012


Antón Bao representará ao concello de Lugo no acto de conmemoración do 50 aniversario da celebración do Día das Letras Galegas. Neste acto renderáselles homenaxe ás cincuenta figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas desde 1963 a 2012. No transcurso do evento, a palabra das figuras homenaxeadas ao longo destes 50 anos escoitarase na voz dos representantes dos concellos que os acolleron. Asemade, terá lugar un acto simbólico levado a cabo por escolares chegados de distintos lugares da xeografía galega.

No transcurso do acto o Tenente de Alcalde do Concello de Lugo e responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, tomará a palabra para dar lectura a dous textos dos escritores lucenses Luís Pimentel e Ánxel Fole. No acto, organizado pola Real Academia Galega, estarán presentes o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e o presidente da Xunta de Galiza.

O acto que terá lugar na praza de María Pita, na cidade da Coruña, está organizado pola Real Academia Galega e comezará ás 18:00 de mañá sábado 16 de xuño. No caso de que as condicións climatolóxicas non permitan a celebración do acto ao aire libre o evento trasladarase ao paraninfo da Universidade da Coruña (Reitoría, rúa da Maestranza).


TEXTOS AOS QUE DARÁ LECTURA O TENENTE DE ALCALDE DO CONCELLO DE LUGO

1990: Luís Pimentel
“Galicia”, incluído en Sombra do aire na herba.

[…]
Ou, Galicia, a inmóbil,
lonxana, envisa,
soñando diante dun reló de pedra
que un sol esmacelado move.

As túas toscas mulleres,
agardando sempre
diante dun mar tebregoso.
E no acantilado dos seus duros queixelos
os ollos máis doces berran.

Chove, chove sobor dos bosques
de onde o noso misterio vén
[…]
Campás invisíbeles soan,
i Ela na solaina sempre
como unha boneca de sombras.
Bastabales, Compostela…
Montaña sonora de tallada pedra.
[…]

1997: Ánxel Fole
Fragmento de Xesús Ferro Couselo: vida e obra.

“Honra e gloria para unha lingua que deu ao mundo a máis ardigante e saudosa lírica de todos os tempos (...) Sigamos a dicir en galego o mellor do noso mellor, a nosa verdade máis verdadeira: o máis fondo do noso sentir e o máis cimeiro e raiolante do noso pensamento... Cántiga e estrela!”




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova