Cargando....
Concello de Lugo
21/10/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Primeiro Congreso de Software libre científico-matemático tecnolóxico celébrase os días 2 e 3 de xullo


# Luns, 18/06/2012
O Concello colabora con IGACIENCIA neste Congreso que terá lugar no CEI-Nodus e no que xa hai 90 inscritos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, asinou hoxe un convenio co Presidente da Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA), Manuel Díaz Regueiro, para a celebración dun Congreso de software libre nas instalacións do CEI-Nodus.

Esther Muñoz lembrou que o Concello xa ten colaborado con IGACIENCIA en ocasións anteriores como foi o concurso de robótica e enmarcou o acordo asinado hoxe na aposta que fai a Concellería de Educación polo emprendemento, a investigación e o desenvolvemento.

Pola súa parte Manuel Díaz explicou que o Congreso diríxese fundamentalmente ó profesorado e dixo que xa hai inscritos 90 profesores de toda Galicia. Tamén explicou que as sesións terán unha parte teórica e outra práctica e informou de que participarán como relatores membros do Centro de Supercomputación de Galicia e da Asociación galega de empresas de software libre.

O Congreso desenvolverase os días 2 e 3 de xullo, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. O Concello facilítalle a IGACIENCIA o uso do Salón de Actos, a Aula de Formación, a Sala Multimedia a e Aula Polivalente do CEI-Nodus para o desenvolvemento das distintas fases deste Congreso.

IGACIENCIA é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fins fomentar a cultura científica, impulsar o espírito científico e emprendedor e concienciar á sociedade galega sobre a importancia da I+D+I no desenvolvemento económico e benestar social de Galicia.

Neste propósito enmárcase a celebración do I Congreso de Software libre científico-matemático-tecnolóxico que terá lugar nas dependencias do CEI-Nodus que cede o Concello.

Segundo os organizadores, os programas de software libre son de gran interese para a educación xa que é posible estudar e modificar as fontes dos programas e moitos deles son gratuítos. Ademais, a IGACIENCIA destaca que o software libre, ó igual que a divulgación da ciencia e o ensino busca compartir coñecemento entre persoas e difundir ese coñecemento.

Os interesados poden obter máis información deste Congreso na páxina www.igaciencia.eu.

CEI-Nodus cei.lugo.es
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova