Cargando....
Concello de Lugo
16/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá ábrese o prazo para solicitar as axudas a empresas do Plan Urban


# Luns, 18/06/2012
O Boletín da Provincia publica hoxe a convocatoria das subvencións a empresas e locais de negocio que se poderán solicitar ata o mes de setembro

Este ano o Concello adica 260.000 euros a subvencións para creación de empresas e mellora de negocios

O Concello de Lugo abrirá mañá o prazo de solicitude das dúas liñas de axudas a empresas e negocios do Casco histórico que se conceden ó abeiro do Plan Urban.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases que rexerán a convocatoria de axudas a empresas para o apoio a novas actividades económicas na zona Urban e para as axudas a locais de negocio na instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas.

Na presentación das axudas, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou que o Concello vai adicar este ano un total de 260.000 euros a subvencións para a creación de empresas e para a mellora de negocios no Casco histórico.

A primeira das liñas de axudas diríxese a PEMEs que abran un centro de traballo na zona Urban ou ás empresas xa constituídas que fagan un investimento que supoña a creación de postos de traballo de duración mínima dun ano. Neste caso as solicitudes poden presentarse ata o día 20 de setembro.

No caso das axudas para a mellora da imaxe dos negocios xa existentes subvencionarase tanto o mobiliario de terraza, os rótulos, toldos e as fachadas. As solicitudes para este tipo de subvencións teñen de prazo ata o día 21 de setembro. A presentación das solicitudes debe facerse no Rexistro xeral do Concello.

As bases das dúas convocatorias pódense consultar no BOP de hoxe e tamén na páxina web municipal www.lugo.es.

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova